Belén Gopegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBelén Gopegui

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , guionista , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de decembro de 2014Merecemos otro Madrid... ¡Y vamos a conseguirlo! (en) Traducir
18 de febreiro de 2014Intellectuals for the Third Republic (en) Traducir
Tabakalera Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeConstantino Bértolo
PaiLuis Ruiz Gopegui Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0329725 Allocine: 156445 Allmovie: p309908 Dialnet: 22232 Editar o valor em Wikidata

Belén Ruiz de Gopegui Durán coñecida como Belén Gopegui, nada en Madrid en 1963, é unha escritora española, novelista e guionista. Coa súa ópera prima La escala de los mapas, editada en 1993 por Anagrama, recibiu varios premios. A súa terceira obra, La conquista del aire, foi adaptada ao cine polo director Gerardo Herrero. Belén Gopegui foi descrita como a mellor da súa xeración por Francisco Umbral.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Margarita Durán Suárez, unha das fundadoras de Amnistía Internacional en España e do científico aeroespacial Luis Ruiz Gopegui, un dos poucos expertos en astrofísica españois da súa xeración fóra do exilio, máis interesados no inglés que no latín.

Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, onde dirixiu a revista Trasgo, e doutora en Humanidades pola Universidade Carlos III, iniciou a súa carreira profesional colaborando nas seccións literarias de diversos medios de prensa, entre eles o diario El Sol, para o que realizou entrevistas.

En 1993 a editorial Anagrama publicou con grande éxito a súa primeira novela La escala dos mapas, que recibiu os premios Tigre Juan[2] e Iberoamericano Santiago del Nuevo Extremo para autores noveis.

A súa segunda novela Tocarnos la cara publicouse por Anagrama en 1995, tamén con grande acollida de público e crítica. A súa terceira novela, La conquista del aire, publicada pola mesma editorial en 1998, foi adaptada ao cine en 2000 co título Las razones de mis amigos por Gerardo Herrero.

Tras esta adaptación cinematográfica, xunto coa guionista e directora de cine Ángeles González-Sinde comezou a súa carreira como guionista. Froito desta colaboración foi o guión para a película La suerte dormida. Xa en solitario escribiu o guión de El principio de Arquímedes, dirixida tamén polo director Gerardo Herrero en 2004.[3]

Nese mesmo ano, 2004, publicou El lado frío de la almohada (Editorial Anagrama), novela que trata sobre a relación entre un diplomático estadounidense destinado en Madrid e intermediario nun trato con axentes da seguridade do Estado de Cuba e a súa contrapartida Laura Bahía, unha nova axente española de orixe cubana.

En 2005 aparece a súa primeira e única obra teatral Coloquio no libro coral Cuba 2005[4] (editorial HIRU) en defensa da Revolución Cubana.

En 2007 publicou a novela El padre de Blancanieves, tamén na editorial Anagrama.[5]

Belén Gopegui presenta Queda este día y esta noche conmigo (2017)

En 2009 aparece Deseo de ser punk, unha novela onde retrata, coa música rock que adquire un rol protagonista na historia como pano de fondo, o inconformismo da adolescencia a partir da voz de Martina, unha moza de 16 anos. Un ano despois da súa publicación gaña o VII Premio Dulce Chacón de Narrativa Española, outorgado polo Concello de Zafra, impóndose, entre outras, a unha obra de Antonio Muñoz Molina.[6]

En 2011 publica Acceso no autorizado na editorial Mondadori, un suspense político-informático cun hacker e unha vicepresidenta de goberno como protagonistas con redes persoais que se establecen no mundo dixital.

En 2014 publica El comité de la noche na editorial Penguin Random House, cuxo argumento se centra en dúas mulleres na trintena que libran unha batalla contra o tráfico e a compravenda de sangue.[7]

En 2017 publica Quédate este día y esta noche contigo, unha novela que pon en valor o mérito e a intimidade para valorar o ser humano fronte a Google e o negocio desta multinacional da información contraposta á intimidade e o segredo.[8][9][10]

En 2019 publica Ella pisó la luna na editorial Penguin Random House, un minilibro con fotografías que recolle a conferencia que ditou en marzo deste ano no ciclo Ni ellos genios ni ellas musas, no CaixaForum de Madrid. Esta virou ao redor do seu pai, Luís Ruiz de Gopegui; pero en especial, á súa nai, Margarita Durán Suárez.

Foi finalista do Premio da Crítica 2001, do Premio Fundación José Manuel Lara de Novela 2002 e do XIII Premio Rómulo Galegos 2003 co seu libro Lo real.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • La escala de los mapas (1993). Anagrama e Debolsillo (2011).
  • Tocarnos la cara (1995). Anagrama e Debolsillo (2011).
  • La conquista del aire (1998). Anagrama e Debolsillo (2011). Levada ao cine con guión de Ángeles González-Sinde e dirección de Gerardo Herrero e titulada Las razones de mis amigos (2000).
  • Lo real (2001). Anagrama e Debolsillo (2011).
  • El lado frío de la almohada (2004). Anagrama e Debolsillo (2012).
  • El padre de Blancanieves (2007). Anagrama e Debolsillo (2014).
  • El balonazo (2008). Ediciones SM.
  • Deseo de ser punk (2009). Anagrama e Debolsillo (2017).
  • Acceso no autorizado (2011). Mondadori e Debolsillo (2014).
  • El amigo que surgió de un viejo ordenador (2012). Ediciones SM.
  • El comité de la noche (2014). Penguin Random House.
  • Fuera de la burbuja (2017). Gran Angular,
  • Quédate este día y esta noche conmigo (2017). Penguin Random House.
  • Existiríamos el mar (2021). Literatura Random House.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Cualladó: puntos de vista (1995).
  • La suerte dormida (2003). Guión de cine, con Ángeles González-Sinde.
  • El principio de Arquímedes (2004). Guión de cine para a película de Gerardo Herrero.
  • Coloquio, dentro do libro Cuba 2005 (Editorial Hiru, 2005), que inclúe textos de Alfonso Sastre, Carlos Fernández Liria, Santiago Alba Rico, Carlo Frabetti e John Brown.
  • El día que mamá perdió la paciencia (2009). Barco de Vapor. Conto.
  • Rompiendo algo. Escritos sobre literatura y política (2014). Ediciones UDP. Ensaios.
  • Mi misión era acercarme a Miranda (2015). Libros en Acción. Conto.
  • Ella pisó la luna (2019). Penguin Random House. Conferencia.
  • Las nubesfuria (2021). Somos libros. Relato ilustrado. ISBN 978-84-121588-3-0.

Premios[editar | editar a fonte]

  • La escala de los mapas.
    • Premio Tigre Juan 1993
    • Premio Iberoamericano de Primeras Novelas "Santiago del Nuevo Extremo" 1994
  • Lo real.
    • Finalista do XIII Premio Rómulo Gallegos 2003
    • Finalista do I Premio Fundación José Manuel Lara de Novela 2002
    • Finalista do Premio de la Crítica 2001
  • II Premio Leteo 2002
  • II Premio La tormenta en un vaso ao mellor libro escrito en español por El padre de Blancanieves
  • VII Premio de Narrativa Española Dulce Chacón por Deseo de ser punk.
  • Premio Otra mirada nos Premios Cálamo 2014 por El comité de la noche
  • Recibe el premio oXcars en 2010 xunto a outras personalidades do panorama actual como Txaber Allué, José Luis Sampedro e Miguel Brieva.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Umbral (10 de setembro de 2004). "Belén Gopegui". El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  2. País, Ediciones El (17 de decembro de 1993). "Belén Gopegui, premio Tigre Juan de novela". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 13 de ooutubro de 2017. 
  3. "Belén Gopegui: Los textos en Latinoamérica están más vivos que los españoles | Tribuna Feminista". Tribuna Feminista (en castelán). 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018.. 
  4. "Cuba 2005". web.archive.org. 2017-10-10. Archived from the original on 10 de outubro de 2017. Consultado o 2022-03-20. 
  5. País, Ediciones El (22 de septiembre de 2007). "Crítica. Escritura y revolución". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  6. Cervantes, Instituto. "Conferenza. Incontro con Belén Gopegui. Instituto Cervantes de Roma". Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  7. Marcos, Javier Rodríguez (3 de xaneiro de 2015). "Belén Gopegui: “Hay mucha alta literatura muy cursi”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2017. 
  8. Nopca, Jordi (2017-10-28). "Belén Gopegui: “La igualtat d’oportunitats és una ficció”." (en catalán). Consultado o 2021-02-10. 
  9. "Belén Gopegui: “Somos irreemplazables y las empresas no lo quieren aceptar”". El Español (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  10. "'El poder de Google no es democrático'." (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2018. 

Véxase Tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]