Batalla de Dunquerque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°02′3.47″N 02°22′36.55″E / 51.0342972°N 2.3768194°E / 51.0342972; 2.3768194

Batalla de Dunquerque
Dunkirk2.gif
Escenas do rescate en Dunkerque
Data 26 de maio, 19404 de xuño, 1940
Lugar Dunquerque, Francia
Resultado Vitoria alemá, evacuación parcial aliada
Combatentes
Aliados Flag of the Netherlands.svgFlag of the United Kingdom.svgFranciaBélxica AlemañaNazi Swastika.svg
Mandos
John Vereker Lord Gort Gerd von Rundstedt
Forzas
~400.000 soldados ~800.000 soldados
Baixas
~64.000 ~60.000

A Batalla de Dunquerque (Francés: Bataille de Dunkerque) librouse na Segunda Guerra Mundial entre o 25 de maio e o 4 de xuño de 1940. Nela unha enorme forza británica e francesa ficou encurralada por unha división panzer alemá ao nordeste de Francia, fronte as augas do canal costeiro de Calais. 338.226 soldados aliados foron evacuados por vía marítima cara a Gran Bretaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras os sete meses da chamada Guerra Falsa, a Batalla de Francia comezou o 11 de maio, 1940. Polo norte o Grupo de Exército B da Wehrmacht comandado polo xeneral Bock atacou e conquistou os Países Baixos avanzando a continuación rapidamente a través da Bélxica. O día 14, o mesmo en que os holandeses se renden, o Grupo de Exército A de Rundstedt irrompe a través das Ardenas e avanza rapidamente cara o oeste ate Sedan, virando entón ao noroeste, chegando ao mar no punto de desembocadura do río Somme, pola marxe dereita. Complétase así a manobra en fouce (segundo palabras de Erich von Manstein) coñecida coma Plan Manstein (Sichelschnittplan).

Para cortar o avance alemán os Aliados efectuaron varios contra-ataques, entre eles a batalla de Arras, pero foron rexeitados, chegando o grupo de Rundstedt a costa o día 20 de maio. Así as forzas combinadas británicas (Forza Expedicionaria BritánicaBEF), francesas(o I Exército) e belgas ficaron separadas do resto do exército francés, por Armentières.

Unha vez dividido o exército Aliado o seguinte movemento alemán tiña por obxectivo a captura dos portos do Paso de Calais, polo que avanzaron desde o Somme pola costa, co obxectivo de que os exércitos cercados non puidesen evacuar. Tornouse de inmediato claro para os británicos que a batalla estaba perdida e o único que restaba por saber era cantos soldados aliados podían ser levados para a Inglaterra antes de ser quebrada a súa resistencia.

Avance alemán na segunda quicena de maio do 1944.

Operación Dynamo[editar | editar a fonte]

O 22 de maio comezaron as preparación para a evacuación, có nome de Operación Dynamo, comandada a partir de Dover, polo vicealmirante Bertram Ramsay. A intención inicial era de evacuar os 45.000 homes da Forza Expedicionaria Británica en dous días, mais en breve o obxectivo foi reducido a rescatar 120.000 homes en cinco días.

O 25 de maio, o xeneral Lord Gort comandante da BEF, decide evacuar as súas tropas. Dos días 25 ao 28, os británicos retroceden as súas posicións unhas 30 millas o noroeste, fortificándose ao longo da fronteira franco-belga desde Dunkerque ate Poperinge. Pola súa parte o exército belga réndese o 28 de maio. Ao día seguinte varias unidades de I Exército francés que quedaran fora da “bolsa” tamén se renden.

A operación de evacuación comeza propiamente o día 27. Ese mesmo día as divisións Panzer xermanas recibiron orde de avanzar, mais as defensas melloradas dos aliados detiveron a ofensiva inicial. Durante os seguintes días os aliados foron perdendo terreo, quedando para o día 31 de maio comprimidos en cinco quilómetros de costa, entre De Panne, Bray-Dunes e Dunkerque.

Durante os nove días que durou a operación, do 27 de maio o 4 xuño, rescatáronse 338.226 homes, a maior parte británicos, pero tamén 139,997 franceses e belgas, xunto cun número menor de holandeses e poloneses, se ben os aliados tiveron que deixar no campo grandes cantidades de material bélico, incluíndo: 2.000 canóns, 100 Mathilda Mk-I, 60.000 camións, 76.000 toneladas de munición e 600.000 t de combustible. A continuación detállanse os rescates en orde cronolóxica:

Mariñeiros británicos axudando a un soldado aliado mentres a bomba tirada por un Stuka explota a poucos metros.
  • 27 maio: 7.669 homes.
  • 28 maio: 17.804 homes.
  • 29 maio: 47.310 homes.
  • 30 e 31 maio: 120.927 homes.
  • 1 xuño: 64.229 homes.
  • 2 a 4 xuño: máis de 54.000 homes.

No total da batalla, as baixas contabilizadas polo dous bandos foron de:[1]

  • Alemáns: 10.252 mortos, 42.000 feridos e 8.467 desaparecidos. Ademais perderon 101 avións.
  • Aliados: 1.212.000 prisioneiros. No mar perderon 9 destrutores (tres deles franceses), e 200 embarcacións menores, e no aire 177 avións.

Ademais os alemáns recuperaron bastante equipo militar: 1.200 canóns, 1.250 canóns antiaéreos, 11.000 metralladoras e 25.000 vehículos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hooton, E.R. (2007). Luftwaffe at War; Blitzkrieg in the West. Chevron/Ian Allen. ISBN 978-1-85780-272-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]