Ayran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ayran ou Tan (IPA: [aɪˈran]) (Turco: ayran; Kazako Айран; Búlgaro: айрян ou as veces мътеница / бърканица (literalmente "auga aceitosa"); Macedonio: матеница, аjрaн; Grego: Αϊράνι; Armenio: Թան; Asirio: Döweh; Albanés: Dhallë) é unha bebida moi popular en Turquía, Bulgaria, Armenia, os Balcáns e no Medio Oriente. Variantes desta bebida tómanse en toda Asia occidental e meridional con diferentes nomes. A bebida componse de iogur (ou leite agre) e mais auga. O iogur empregado provén do leite de ovella e ten un sabor lixeiramente ácido e textura espesa. Adoita tomarse con sal e incluso pementa. Esta bebida sérvese fría e tómase como acompañamento durante as comidas. En Armenia chámase Tan, e se fabrica do mesmo xeito, sexa con gas o sen gas.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas