Lingua macedonia
| Macedonio (Македонски јазик) | ||
|---|---|---|
| Pronuncia: | Makedonski jazik | |
| Falado en: | ||
| Rexións: | Balcáns. | |
| Total de falantes: | 2,3 - 3 millóns | |
| Posición: | 180 | |
| Familia: | Indoeuropea Eslava Meridional Oriental Macedonio |
|
| Escrita: | Alfabeto cirílico | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | ||
| Regulado por: | Institut za makedonski jazik „Krste Misirkov“ | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | mk | |
| ISO 639-2: | mac (B) | |
| ISO 639-3: | mkd | |
- Este artigo trata da lingua macedonia de orixe eslava; para a lingua macedonia falada no reino de Macedonia durante a Antigüidade véxase: lingua macedonia antiga.
O macedonio (македонски јазик/makedonski jazik) é unha lingua da familia eslava, oficial na República de Macedonia, próxima á lingua búlgara.
Índice |
Dialectos[editar]
Os dialectos macedonios poden dividirse en dous grupos: occidental e oriental (a fronteira entre eles vai dende Skopje e Skopska Crna Gora ao longo dos ríos Vardar e Negro (Crna). Polo demais, unha clasificación máis detallada pode basearse nas reflexas modernas do Protoeslavo vogais reducidas (yers), vogais sonoras, e a nasal posterior ǫ. Esa clasificación distingue entre os seguintes cinco grupos:
Dialectos occidentais[1]:
- Grupo Ohrid-Prespa
- Grupo Debar
- Polog Group
- Grupo Kostur-Korča
Dialectos orientais[2]:
- Grupo setentrional
- Grupo oriental
O dialecto Ser-Drama-Lagadin-Nevrokop e o dialecto Maleševo-Pirin considéranse frecuentemente dialectos do búlgaro por moitos lingüistas ou son considerados coma dialectos de transición entre o macedonio e o búlgaro.
Gramática macedonia[editar]
Ten un número de características gramaticais que a fan distinta da maioría das outras linguas eslavas, coma a eliminación da declinación, o desenvolvemento dun sufixo artigo definido, e a carencia do verbo infinitivo, entre outras.
Morfoloxía nominal[editar]
O sistema nominal macedonio distingue dous números (singular e plural), tres xéneros (masculino, feminino e neutro), casos e determinación. A determinación exprésase por tres artigos definidos pertencentes á posición do obxecto (nonespecificativo, proximativo e distante) os cales se afixan ao nome.
| Os artigos definidos | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Singular | Plural | |||||
| Masculino | Feminino | Neutro | Masculino | Feminino | Neutro | |
| Non especificativo | -от | -та | -то | -те | -те | -та |
| Proximativo | -ов | -ва | -во | -ве | -ве | -ва |
| Distante | -он | -на | -но | -не | -не | -на |
Pronomes[editar]
| Clases de pronomes | Exemplos |
|---|---|
| pronomes demostrativos | ова (este), тоа (ese), овде (here), таму (there) |
| pronomes indefinidos | некој (alguén), нешто (algo) |
| pronomes interrogativos | кој (quen), кого/кому (a quen), што (que) |
| pronomes persoais | јас (eu), ти (ti), тој (el), таа (ela), она (el, iso), ние (nós) |
| pronomes posesivos | мој (meu), твој (teu), нејзин (súa), негов (seu), наш (noso) |
| pronomens relativos | кој (cal), што (que), чиј (cuxa) |
| pronomes reflexivos e pronome recipros |
себе (himself, herself), се (self) |
| Universal pronouns | сите (all), секој (everybody, each), сешто (everything), секаде (everywhere) |
Numerais[editar]
| Symbol | Cardinal (masculino) | Ordinal (masculino) |
|---|---|---|
| 0 | нула | нулти |
| 1 | еден | прв |
| 2 | два | втор |
| 3 | три | трет |
| 4 | четири | четврт |
| 5 | пет | петти |
| 6 | шест | шести |
| 7 | седум | седми |
| 8 | осум | осми |
| 9 | девет | деветти |
| 10 | десет | десетти |
Notas[editar]
- ↑ Makedonski jazik za srednoto obrazovanie- S.Bojkovska, D.Pandev, L.Minova-Ǵurkova, Ž.Cvetkovski- Prosvetno delo AD- Skopje 2001
- ↑ Makedonski jazik za srednoto obrazovanie- S.Bojkovska, D.Pandev, L.Minova-Ǵurkova, Ž.Cvetkovski- Prosvetno delo AD- Skopje 2001