Audrey Tautou
| Audrey Tautou | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Audrey en Cannes no 2006 |
|||||||
| Nacemento | Audrey Justine Tautou 9 de agosto de 1976 Beaumont, Puy-de-Dôme, |
||||||
| Profesión | actor | ||||||
| Ficha na IMDb | |||||||
|
|||||||
Audrey Justine Tautou, nada o 9 de agosto de 1976 en Beaumont, Puy-de-Dôme, é unha actriz francesa coñecida mundialmente pola súa interpretación de Amélie Poulain na película francesa Le fabuleux destin d'Amélie Poulain e polo seu papel de Sophie Neveu no filme The Da Vinci Code.
Índice |
Traxectoria [editar]
Primeiros Anos [editar]
Aínda que nada en Beaumont, criouse en Montluçon. Filla dun dentista e dunha mestra, ten un irmán e dúas irmás, menores ca ela. Comezou a interesarse pola comedia sendo aínda moi nova e tomou cursos de arte dramático na escola de actuación Corus Florent. Tamén realizou cursos de modelo en París.
Carreira cinematográfica [editar]
As súas influencias cinematográficas son entre outras Meryl Streep, Paul Newman, Juliette Lewis, Jodie Foster ou Julianne Moore. En 1998 participou nun casting nunha canle de televisión francesa, chamado Jeunes Premiers, onde gaño na categoría de Mellor Actriz Nova no IX Festival de Béziers. Posteriormente, participou no filme Vénus beauté co que gañou o Premio César á Mellor Actriz Revelación. No ano 2000 gañou o Prix Suzanne Bianchetti por ser considerada a actriz nova máis prometedora. Sendo xa coñecida en Francia polo seu traballo en Vénus beauté, acadou a sona mundial en 2001 pola súa interpretación da excéntrica Amélie na comedia romántica francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain. En xuño de 2004 foi invitada a unirse á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood, da que é membro dende o 1 de setembro de 2006.
En 2005, traballou na súa primeira produción de Hollywood, xunto con Tom Hanks, para rodar a adaptación cinematográfica de The Da Vinci Code, na que interpreta á criptóloga Sophie Neveu. Sen embargo, a pesar desta incursión no cine americano, a súa base de traballo segue a estar no seu país de orixe. Traballou con Gal Elmaleh en ‘’Hors de prix’’ en 2006. En 2009 estreou un filme sobre a vida de Coco Chanel, Coco avant Chanel, na que da vida á deseñadora.
Filmografía [editar]
- La vieille barrière, 1998.
- Vénus beauté, 1999.
- Triste à mourir, 1999.
- Épouse-moi, 2000.
- Voyous voyelles, 2000.
- Le libertine, 2000.
- Le battement d'ailes du papillon, 2000.
- Le fabuleux destin d'Amélie Poulain, 2001.
- Dieu est grand, je suis toute petite, 2001.
- À la folie... pas du tout , 2002.
- L' auberge espagnole, 2002.
- Dirty Pretty Things, 2002.
- Les marins perdus, 2003.
- Pas sur la bouche, 2003.
- Nowhere to Go But Up, 2003.
- Un long dimanche de fiançailles, 2004.
- Les poupées russes, 2005.
- The Da Vinci Code, 2006.
- Hors de prix, 2006.
- Ensemble, c'est tout, 2007.
- Coco avant Chanel, 2009.
Nomeamentos [editar]
- 2002: Nomeamento ao César á Mellor Actriz por Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain.
- 2002: Nomeamento ao César á Mellor Actriz por Un long dimanche de fiançailles.