Tom Hanks
| Tom Hanks | |
|---|---|
Hanks no 2008 |
|
| Nacemento | 9 de xullo de 1956 Concord, California, |
| Profesión | Actor, produtor, director, guionista |
| Cónxuxe(s) | Samantha Lewes (1978–1987; divorciado) Rita Wilson (1988–presente) |
| Fillo(s) | Colin, Elizabeth, Chester, Truman |
| Ficha na IMDb | |
Thomas Jeffrey Hanks, nado o 9 de xullo de 1956, é un actor estadounidense gañador do Oscar e do Globo de Ouro, considerado un dos máis versátiles e talentosos do cine.
Índice |
Biografía[editar]
Os seus pais divorciáronse cando tiña apenas cinco anos. Viviu co seu pai, que era cociñeiro, e que cambiaba constantemente de lugar de traballo e de parella. Por iso é polo que Hanks viviu en diferentes cidades e estados do país, ata que se asentou en Oakland, California.
Tom Hanks comezou a actuar en obras teatrais no instituto e posteriormente na universidade de Sacramento. Pouco despois trasladouse a Nova York, onde coñeceu á que sería a súa esposa, a actriz teatral Samantha Lewes. A voda levou a cabo en 1978, pero tras uns anos de matrimonio, nos que tiveron dous fillos, divorciáronse en 1985.
A primeira película de Tom Hanks foi o filme de terror Hei knows you're alone, en 1980. Posteriormente encasillouse durante uns anos no xénero da comedia. A popularidade chegoulle cando apareceu na película 1, 2, 3... Splash, de 1984, á beira de Daryl Hannah.
En 1988 Hanks contraeu matrimonio por segunda vez, coa actriz Rita Wilson, á que coñeceu na rodaxe da película Volunteers (1985), e con quen tivo outros dous fillos. Con Forrest Gump acadou a fama e converteuse nun dos actores máis solicitados dos últimos anos.
Tom Hanks gañou dous Oscar por Philadelphia (1993) e por Forrest Gump (1994), e foi nomeado noutras tres ocasións por Big (1988), Saving Private Ryan (1998) e Cast Away (2000). Tamén conseguiu catro Globos de Ouro e dous nomeamentos adicionais a este premio.
Logo de realizar algúns episodios de series televisivas como Talles from the Crypt, Tom Hanks debutou en 1996 como director de longametraxes con That Thing You Do!.
Filmografía destacada[editar]
Como actor[editar]
- World War 3 (2009) (pre-produción)
- The Simpsons Movie (2007) (voz)
- A Cold Case (2008) (actualmente en pre-produción)
- A nigth with the White Queen: The incredible life of the best singer of all the time (2008)
- The Risk Pool (2006) (actualmente anunciado o inicio da produción)
- Charlie Wilson's War (2006) (actualmente en pos-produción)
- The Da Vinci Code (2006)
- Polar Express (2004) (voz)
- The Terminal (2004)
- The Ladykillers (2004)
- Catch Me If You Can (2002)
- Road to Perdition (2002)
- Cast Away (2000)
- The Green Mile (1999)
- Toy Story 2 (1999) (voz)
- Tes un correo (1998)
- Saving Private Ryan (1998)
- That Thing You Do! (1996)
- Toy Story (1995) (voz)
- Apolo 13 (1995)
- Forrest Gump (1994)
- Philadelphia (1993)
- Sleepless in Seattle (1993)
- A League of Their Own (1992)
- Radio Flyer (1992)
- Joe Versus the Volcano (1990)
- The Bonfire of the Vanities (1990)
- Turner & Hooch (1989)
- The 'burbs (1989)
- Punchline (1988)
- Big (1988)
- Dragnet (1987)
- Every Time We Say Goodbye (1986)
- Nothing in Common (1986)
- The Money Pit (1986)
- The Man with One Red Shoe (1985)
- Volunteers (1985)
- Bachelor Party (1984)
- 1, 2, 3... Splash (1984)
- He Knows You're Alone (1980)
Como director[editar]
Como produtor[editar]
- The Risk Pool (2006) (actualmente anunciado o inicio da produción)
- A Cold Case (2005) (actualmente en pre-produción)
- The Polar Express (2004)
- Connie and Carla (2004)
- My Big Fat Greek Wedding (2002)
- Band of Brothers (2001)
- Cast Away (2000)
Premios[editar]
Oscars[editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2000 | Oscar ó mellor actor | Cast Away | Candidato |
| 1998 | Oscar ó mellor actor | Saving Private Ryan | Candidato |
| 1994 | Oscar ó mellor actor | Forrest Gump | Gañador |
| 1993 | Oscar ó mellor actor | Philadelphia | Gañador |
| 1988 | Oscar ó mellor actor | Big | Candidato |
Globos de Ouro[editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Cast Away | Gañador |
| 1998 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Saving Private Ryan | Candidato |
| 1994 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Forrest Gump | Gañador |
| 1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Sleepless in Seattle | Candidato |
| 1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Philadelphia | Gañador |
| 1988 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Big | Gañador |