Julianne Moore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julianne Moore
Julianne Moore - 66ème Festival de Venise (Mostra).jpg
Moore no Festival Internacional de Venecia, en setembro de 2009
Nacemento Julie Anne Smith
3 de decembro de 1960
Fayetteville, Carolina do Norte, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) John Gould Rubin (1986-1995)
Bart Freundlich (2003- presente)
Fillo(s) Caleb e Liv
Ficha na IMDb

Julie Ann Smith, coñecida como Julianne Moore, nada en Fayetteville o 3 de decembro de 1960, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Peter Moore Smith, xuíz militar e coronel da Armada, e Ann, psiquiatra e traballadora social con ascendencia escocesa, ten dous irmáns menores, Peter Moore Smith e Valerie. A causa do traballo do seu pai, viviu na súa mocidade en máis de 33 sitios entre Estados Unidos e Alemaña. Estivo casada tres veces; ten un fillo e unha filla do seu terceiro e último matrimonio co director Bart Freundlich, co que está casada desde 2003.

Na súa mocidade, estudou no Instituto Americano de Frankfurt e licenciouse en Belas Artes na Boston University.

Trasladouse a Nova York en 1983, onde traballou como camareira ata interpretar a Frannie e Sabrina Hughes na telenovela "As the World Turns", polo que foi galardoada co Emmy.

Empezou no cine nos anos 90, sobre todo en papeis secundarios como o de The Hand That Rocks the Cradle (1992) ou The Fugitive (1993). O seu papel en Short Cuts (1993) supúxolle moi boas críticas e un gran recoñecemento, e empezou a protagonizar filmes como Nine Months (1995), The Lost World: Jurassic Park (1997) ou a independente Safe (1995).

A partir de 1997 protagonizou varias películas que foron candidatas aos Premios Oscar, como Boogie Nights (1997), The End of the Affair (1999), Far from Heaven " (2002) ou The Hours (2002); por Boogie Nights e The Hours, foi candidata ao premio á mellor actriz de reparto, e por The End of the Affair e Far from Heaven foi candidata ao premio á mellor actriz.

Tamén protagonizou as películas Magnolia (1999) e Hannibal (2001).

Julianne Moore na estrea de Savage Grace, Abril de 2008.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1984 The Edge of Night Carmen Engler
1985–
1988& 2010, 1986–
1988
As the World Turns Frannie Hughes
Sabrina Hughes
1987 I'll Take Manhattan India West
1989 Money, Power, Murder Peggy Lynn Brady
1990 Tales from the Darkside: The Movie Susan
1990 An Adult Comedy Lead
1991 Cast a Deadly Spell Connie Stone
1991 The Last to Go Marcy
1992 The Hand That Rocks the Cradle Marlene Craven
1992 The Gun in Betty Lou's Handbag Elinor
1993 Body of Evidence Sharon Dulaney
1993 Benny & Joon Ruthie
1993 Luck, Trust & Ketchup Ela mesma
1993 O fuxitivo Doutora Anne Eastman
1993 Short Cuts Marian Wyman
1994 Vanya on 42nd Street Yelena
1995 Roommates Beth Holzcek
1995 Safe Carol White
1995 Nine Months Rebecca Taylor
1995 Assassins Electra
1996 Surviving Picasso Dora Maar
1997 The Lost World: Jurassic Park Doutora Sarah Harding
1997 The Myth of Fingerprints Mia
1997 Boogie Nights Amber Waves
1997 The Lost World: Jurassic Park – Chaos Island Doutora Sarah Harding Voz
1998 The Big Lebowski Maude Lebowski
1998 Hellcab Distraught Woman
1998 Psycho Lila Crane
1999 Cookie's Fortune Cora Duvall
1999 An Ideal Husband Mrs. Laura Cheveley
1999 A Map of the World Theresa Collins
1999 The End of the Affair Sarah Miles
1999 Magnolia Linda Partridge
2000 The Ladies Man Audrey
2000 Not I Mouth
2001 Hannibal Axente Clarice Starling
2001 Evolution Doutora Allison Reed
2001 The Shipping News Wavey Prowse
2001 World Traveler Dulcie
2002 Far from Heaven Cathy Whitaker
2002 The Hours Laura Brown
2004 Marie and Bruce Marie
2004 Laws of Attraction Audrey Woods
2004 The Forgotten Telly Paretta
2005 The Prize Winner of Defiance, Ohio Evelyn Ryan
2005
2007
The Naked Brothers Band: The Movie Ela mesma
2006 Freedomland Brenda Martin
2006 Trust the Man Rebecca
2006 Children of Men Julian
2007 Next Callie Ferris
2007 I'm Not There Alice
2008 Savage Grace Barbara Daly Baekeland
2008 Eagle Eye ARIIA Voz
2008 Blindness Muller do doutor
2009 The Ballad of G.I. Joe Scarlett Vídeo
2009 The Private Lives of Pippa Lee Kat
2009 A Single Man Charlotte
2009 Chloe Catherine
2009 30 Rock Nancy Donovan Episodios: "Secret Santa", "Winter Madness", "Lee Marvin vs. Derek Jeter", "Emanuelle Goes to Dinosaur Land" e "I Do Do"
2010 Elektra Luxx Virgin Mary
2010 Shelter Cara
2010 The Kids Are All Right Jules
2011 Crazy, Stupid, Love. Emily Weaver
2011 Game Change Sarah Palin Telefilme

Outras aparicións[editar | editar a fonte]

O 1 de decembro de 2005, presentou o concerto na entrega do Premio Nobel da Paz en Oslo, xunto a Salma Hayek.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]