Arturo Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo Valls

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
La Punta, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , presentador de televisión , xornalista , presentador , celebridade Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0885219 Facebook: ArturoVallsOficial Musicbrainz: 316d287a-9a02-495e-ab5d-255d63814131 Editar o valor em Wikidata

Arturo Valls Mollá, nado en Valencia o 24 de marzo de 1975, é un actor e presentador de televisión español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio de La Punta (Valencia). Estudou no instituto San Vicente Ferrer. Comezou a carreira de Xornalismo en Valencia, a cal abandonou cando empezou como reporteiro nunha televisión local da mesma cidade (Valencia Te Ve), un magacín presentado por Laura Pérez Vehí chamado La luna de Valencia, e tendo como compañeira de programa a Carmen Alcayde.

O seu debut nunha televisión nacional foi en 1996, como reporteiro na primeira etapa de Caiga Quien Caiga, que presentaba o Gran Wyoming. Unha vez que finalizou o programa en 2002, foi fichado pola FORTA, onde presentou o programa X cuánto?, que se emitiu en varias cadeas autonómicas españolas como Telemadrid ou Canal 9 e posteriormente presentou o espazo de zapping Licencia para mirar, onde protagonizou monólogos e sketches.

Máis tarde colaboraría con Florentino Fernández e Nuria Roca no programa de humor UHF de Antena 3. Despois presentou durante un curto espazo de tempo Los Más, xunto a Silvia Jato. Finalmente, recalou de novo en Telecinco, substituíndo durante uns meses a Jesús Vázquez como presentador do concurso Allá tú. Tamén participou na serie Gominolas, emitida por Cuatro, que só durou 7 capítulos en antena.

Interveu ocasionalmente en capítulos de varias series televisivas como Un paso adelante, 7 vidas e Aída. Por outra banda, desenvolveu a súa faceta de actor na gran pantalla nas películas El corazón del guerrero e Torrente 2: Misión en Marbella.

Foi Jesús Quesada en Camera Café e posteriormente interpretou o mesmo personaxe en ¡Fibrilando!. Tamén colaborou esporadicamente en Muchachada Nui.

En 2008 filmou a película 8 citas xunto a Fernando Tejero entre outros.

En decembro de 2009 estrea o programa Vaya tropa en Cuatro que é retirado pouco despois polos seus baixos índices de audiencia. En xullo de 2010 protagoniza a parodia La isla de los nominados e no verán de 2011 ficha por Antena 3 para presentar o concurso ¡Ahora caigo!, concurso que na súa primeira emisión fíxose co liderado da noite e co minuto de ouro, sendo un gran triunfo.[1]

Tras aparecer como invitado especial na primeira edición do programa Tu cara me suena, na segunda edición é un dos oito concursantes.

O 23 de outubro de 2012 Arturo Valls presentou xunto a Patricia Conde a gala dos Neox Fan Awards en Neox.[2]

Televisión[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Participación como cantante na gravación do disco "Los pitufos maquineros".

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mundo (ed.). "Arturo Valls cae na 'trampilla' dos concursos". Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  2. "Patricia Conde y Arturo Valls presentan la gala 'Neox Fan Awards'". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  3. Antena3 (24 de outubro de 2012). "Arturo Valls, mellor presentador de televisión nos Neos Fan Awards". Consultado o 25 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]