Silvia Jato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilvia Jato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Silvia Jato Núñez Editar o valor em Wikidata
6 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU - economía, ciências empresariais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , xornalista , presentadora de televisión , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlberto Fabra (2021–) Editar o valor em Wikidata
ParellaAlberto Fabra (2015–)
Enrique López (2013–2014) Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Jato Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1418000 Twitter: Silviajato Instagram: silviajato Editar o valor em Wikidata

Silvia Jato Núñez, nada en Lugo o 6 de xuño de 1971, é unha presentadora de televisión e modelo. É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade San Pablo CEU de Madrid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira como modelo. Elixida Miss Galicia, participou no Certame de Miss España en 1989, onde foi elixida Miss Nacional (Primeira Dama de Honra) e Miss Fotoxenia. En 1991 foi Primeira Dama de Honra de Miss Europa, certame no que tamén obtivo os títulos de Miss Fotoxenia e Miss Simpatía.

En 1991 comezou a súa carreira profesional no mundo da televisión na TVG como presentadora do programa Sabor a ti. Un ano despois presentou nesta mesma cadea o especial fin de ano titulado Sabor 92, a Gala pro-Bosnia e a Gala Santiago de Compostela, Capital Cultural Europea do ano 2000.

Tamén presentou na TVG a Pasarela de Estrelas durante os anos 1995 e 1996. Neste mesmo ano empezou a traballar tamén para Antena 3 Televisión, onde fixo a presentación da canle Antena 3 Internacional, así como a Gala de Noitevella. Pouco despois presentou na TVG a gala de moda Pazo de Mariñán e un ano despois a segunda edición desta mesma gala.

En 1997 empezou a traballar como redactora do programa En Antena de Antena 3, espazo que conducía Inés Ballester. Posteriormente pasou a presentar Noche de Impacto (1998) xunto a Carlos García Hirschfeld, dúas tempadas de Mírame (1999-2000) e máis recentemente Pelopicopata (2004) e Los Más (2004), xunto a Arturo Valls. Todos eles en Antena 3.

De 2000 a 2005 conduciu o programa que máis éxito lle deu, Pasapalabra, tamén en Antena 3. E no 2005 presentou por segunda vez a Gala de Noitevella.

Xa no 2006 a presentadora tras finaliza-lo seu contrato con Antena 3 asinou con Telecinco, onde permanece un ano, presentando durante uns meses o programa vespertino Allá tú, substituíndo a Jesús Vázquez.

En maio de 2007 participou como monologuista no concurso El club de Flo, en LaSexta. Pouco despois era fichada por Televisión Española. O seu único traballo para a cadea pública con todo foi sustuir a Inés Ballester na presentación do magazine Por la mañana durante o verán de 2007.

Contratada pola cadea Cuatro en 2008, desde xuño dese ano presenta o concurso Fifty Fifty. Logo de ter á súa terceira filla en agosto de 2009, regresou ao traballo, acompañando a Xosé Ramón Gayoso na presentación do programa Luar en TVG.[1]

En 2010 presenta un concurso musical nas autonomicas 7RM (de Murcia), Telemadrid, Canal Sur, Aragón TV, Canal 9 e Castilla La Mancha TV, titulado Generación de estrellas.

Un ano despois, en xaneiro de 2011, comeza a conducir o concurso Trivial Pursuit, en Veo7 Televisión.

Desde o 16 de xaneiro ata o 2 de marzo de 2012, presentou o concurso Metro a Metro, en Telemadrid acompañada por David Moreno.

Entre setembro de 2013 e finais de 2014 colabora no programa de radio Es la mañana de Federico en esRadio presentando todos os luns a sección de psicoloxía do programa.

A finais de 2014 trasládase a Vigo para presentar Na nosa nube e o programa Boas Tardes, en substitución de Luís Fraga ata xuño de 2015, producido polo "Produtora Faro" e emitido en directo pola TVG.

O 27 de xuño de 2016 coñécese que Silvia Jato substituirá a Mariló Montero á fronte de La mañana de La 1 en TVE durante os meses de xullo e agosto.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Silvia Jato estivo casada co aviador Eduardo San Román, con quen ten tres fillos: Lucas, nacido en 2003; Claudia, en 2005; e Lucía, en 2009. En abril de 2021 casou con Alberto Fabra.[2] O seu irmán, Manuel Jato, foi xogador do Club Baloncesto Breogán na Liga ACB.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

TP de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
2003 Mellor Presentadora Pasapalabra Nomeada
2002 Mellor Presentadora Pasapalabra Nomeada
2001 Mellor Presentadora Pasapalabra Nomeada

Premios ATV[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
2004 Comunicadora de Programas de Entretemento Pasapalabra Nomeada
2003 Comunicadora de Programas de Entretemento Pasapalabra Nomeada

Premios Zapping[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Programa Resultado
2004 Mellor presentador/a Pasapalabra Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]