Camera Café

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camera Café
Formato Sitcom
Dirixido por Luis Guridi
Intérpretes Luis Varela
Ana Milán
Carolina Cerezuela
Esperanza Pedreño
Carlos Chamarro
Arturo Valls
César Sarachu
Esperanza Elipe
Marta Belenguer
Álex O'Dogherty
Silvia Wheeler
Ana Ruiz
Mercedes Luzuriaga
Daniel Albaladejo
Joaquín Reyes
Javier Manrique
Nacho Rubio
Juana Cordero
Manuel Tallafé
Antón Valén
País de orixe España España
Número de episodios 530
Produción
Produtor(es) executivo(s) Paolo Nocetti
Duración 4-6 min.
Emisión orixinal
Canle de orixe Telecinco
Tempo de emisión 18 de setembro de 20051 de setembro de 2009
Ligazóns externas
Páxina web

Camera Café é un formato de programa de televisión de humor emitido co mesmo título en países como Italia, Portugal, Polonia, Chile, Colombia, Francia (o seu país de orixe) e España.

En España, emitiuse en Telecinco desde o 18 de setembro de 2005 ata o 1 de setembro de 2009, tras catro tempadas en emisión e 530 capítulos emitidos.

Trátase de episodios de curta duración (de 4 a 6 minutos) compostos por un prólogo, varios sketchs e un epílogo.

O domingo, 13 de setembro de 2009 deu lugar ao seu "spin-in", Fibrilando, que narra as peripecias dun equipo médico idéntico ao persoal de Camera Café que traballa nunha clínica situada nunha planta inferior do mesmo edificio.

España[editar | editar a fonte]

Jesús (Arturo Valls) e Julián (Carlos Chamarro).

En España agrúpanse varios episodios formando un bloque. Neles ven, a modo de cámara oculta na propia máquina distintas situacións de empregados que acoden a librarse do traballo. Cada personaxe dos 17 que compón a repartición cumpre un rol distinto: a secretaria atractiva, os traballadores «don ninguén», o «cerebro» de contabilidade, e por suposto, o xefe autoritario que tamén agacha a cabeza se é a directora de mercadotecnia a que grita.

O director do programa é Luís Guridi. A súa pretensión respecto de Cámera Café era ofrecer unha visión humorística, máis ou menos realista, da contorna laboral. Todos os estilos de humor, desde o surrealismo á escatoloxía simple, danse a man nesta micro-serie de corte costumista.


Reparto[editar | editar a fonte]

Audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada Espectadores Share
Primeira 3.574.000 22,2%
Segunda 3.859.000 22,8%
Terceira 3.653.000 20,7%
Cuarta 2.941.000 16,9%

Premios[editar | editar a fonte]

2006

2007

  • Fotogramas de Prata ao mellor actor de televisión (Arturo Valls).
  • Premio ao mellor guión de ficción de serie de televisión dos Premios GAC de Guions.
  • Premio Número 1 de Cadena 100 ao mellor programa de entretemento.
  • Premio Protagonistas del Año de Punto Radio ao humor máis elegante.
  • Premio Estilo en Movimiento ao mellor estilismo nunha serie de televisión.

2008

2009

  • Premio Ocio y Espectáculo dos Premios Anuais da Asociación Española de Editoriales de Publicaciones Periódicas (AEEPP).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camera Café

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]