Arce de Montpelier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arce de Montpelier
Acer monspessulanum fg01.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindacea
Xénero: Acer
Nome científico
Arce monspessulanum
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O arce de Montpelier é unha especie de arce nativa da rexión mediterránea , estendida desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e o Líbano no leste, cara o norte chega ata os montes Xura en Francia e ata Alemaña.

[editar] Características

E unha árbore de tamaño medio e con foliaxe frondosa que crece ata unha altura de 10-15 m (raramente ata os 20). O tronco mide uns 75 cm de diámetro, con madeira gris escura e suave nas árbores xóvenes, e finamente estriada nos exemplares vellos. Entre as demais especies de arce distínguese polas súas pequenas follas trilobuladas duns 3-6 cm, dunha cor verde escuro, cun tacto un pouco poroso. As follas caen no outono, normalmente cara novembro. As flores xorden na primavera, en péndulos amarelos dunhos 2-3 cm.

Existen numerosas subespecies e variedades, aínda que poucas son relevantes distintivamente. A máis coñecida é o Cer monspessulanum microphyllum de Turquía e o Líbano.

En Europa é unha especie moi rara fora de parques e refuxios botánicos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas