Pradairo de Montpellier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pradairo de Montpellier
Pradairo
Pradairo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: 'Acer'
Especie: A. monspessulanum
Nome binomial
''Acer monspessulanum''
L.
Flores do pradairo de Montpellier na primavera.

O pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) é unha especie de pradairo nativa da rexión mediterránea, estendida desde Marrocos e Portugal no oeste até Turquía e o Líbano no leste, cara o norte chega até os montes Xura en Francia e ata Alemaña. En Galiza aparece coma ornamental.

Características[editar | editar a fonte]

E unha árbore follosa de tamaño medio que medra até unha altura de 10-15 m (raramente acada os 20 m). O toro mide uns 75 cm de diámetro, con madeira cinsenta escura e suave nas árbores novas, e finamente estriada nos exemplares vellos. Entre as demais especies de pradairo distínguese polas súas pequenas follas trilobuladas duns 3-6 cm, dunha cor verde escuro, cun tacto un pouco poroso. As follas caen no outono, normalmente cara novembro. As flores xorden na primavera, agromando en péndulos amarelos duns 2-3 cm.

Existen numerosas subespecies e variedades, aínda que poucas son relevantes distintivamente. A máis coñecida é o Acer monspessulanum microphyllum de Turquía e o Líbano.

En Europa é unha especie moi rara fóra de parques e refuxios botánicos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pradairo de Montpellier