Electrocardiograma
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa medicina que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un electrocardiograma é un gráfico que produce un electrocardiógrafo e que mide os sinais eléctricos do corazón coa forma dunha cinta gráfica continua.
A actividade eléctrica normal do corazón comprende:
- A despolarización da aurícula, que se manifesta coa onda P.
- A despolarización do ventrículo, que se manifesta co complexo QRS.
- A repolarización auricular pasa desapercibida, oculta polo complexo QRS.
- A repolarización ventricular maniféstase coa onda T.
