Trastornos do ritmo cardíaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arritmia
Clasificación e recursos externos

Ritmo sinusal do corazón, alterado nas arritmias.
ICD-10 I47 I49
ICD-9 427.0
MedlinePlus 001101
MeSH D001145

Un trastorno do ritmo cardíaco ou arritmia cardíaca é unha alteración na sucesión de latexos cardíacos.[1] Pódese deber a cambios na frecuencia cardíaca, tanto porque acelere (taquicardia coma porque mingüe bradicardia. Considérase tamén arritmia cando o ritmo do corazón é irregular, trastorno que pode ser producido por unha alteración do marcapasos fisiolóxico do corazón (nó sinusal) ou do sistema de condución cardíaco, ou por aparición de marcapasos ectópicos (focos do corazón que exercen a función do nó sinusal de xeito patolóxico).

As bradiarritmias ou trastornos lentos do ritmo cardíaco, resultan da produción inaxeitada de impulsos que proveñen do nó sinusal ou dun bloqueo da propagación do impulso, e poden causar hipotensión e até a perda da conciencia.

As taquiarritmias ou trastornos acelerados do ritmo cardíaco, poden ser de de orixe auricular ou ventricular, sendo estas últimas máis perigosas podendo máis a míudo producir colapso ou mesmo a morte.

Os trastornos do ritmo cardíaco atópanse entre as 20 primeiras causas de discapacidade na poboación anciá.[2]


Clasificación[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos trastornos do ritmo cardíaco categorízanse en cinco grupos:

  1. Arritmias sinusais
    1. Bradicardia sinusal
    2. Taquicardia sinusal
    3. Arritmia sinusal
    4. Síndrome do nó doente
    5. Paro sinusal.
    6. Bloqueo sino-auricular.
  2. Arritmias supraventriculares
    1. Fibrilación auricular
    2. Flutter
    3. Taquicardia auricular paroxística
  3. Ritmos de unión auriculoventricular (AV)
    1. Taquicardia da unión
    2. Ritmo acelerado da unión
    3. Bloqueo auriculoventricular
  4. Contraccións prematuras ou latexos cardíacos ectópicos
    1. Contracción auricular prematura
    2. Contracción prematura da unión
    3. Contracción ventricular prematura
  5. Arritmias ventriculares sostidas
    1. Taquicardia ventricular
    2. Fibrilación ventricular

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]