Antonino Pío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Busto de Antonino Pío no Museo Británico, Londres

Antonino Pio (138-161) foi un emperador romano, pertencente á dinastia dos cinco bos emperadores. Sucedeu a Adriano, que o adoptara como fillo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, a Pax Romana e a estabilidade politica chegaron ao seu cumio. Antonino contaba mais de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal fora cuestor, pretor, cónsul e gobernador en Italia e Asia. Como membro do Consilium principis estivera ao carón de Adriano.

Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non asi nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, as que puido rexeitar para o Atlas, e despois foi preciso de acudir a Britania, para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para a Irlanda. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito de Adriano (142), pero un pouco mais ao norte, dende o Firth of Forth a Firth of Clyde, na liña das actuais cidades de Edimburgo e Glasgow.

No ámbito interno, Antonino non foi un reformador nin se distinguiu por ser un construtor de monumentos e obras públicas. As institucións seguiron un funcionamento normal, tras as medidas tomadas polos emperadores precedentes. As iniciativas centráronse en procurar benestar para os romanos e as xentes do Imperio mediante donativos, fundacións benéficas, axudas con motivo de sinistros, acollida para os orfos/as, pobres, etc... A sorte dos escravos mellorou dentro do que o sistema daba de si, humanizándose as súas condicións de vida.

Antonino foi tamén un bon administrador, protector da agricultura e demais actividades produtivas, tolerante en materia relixiosa se os cultos foráneos non implicaban subversión da orde establecida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Imperio Romano

Segue a:
Adriano
Antonino Pío
Precede a:
Marco Aurelio
Dinastía dos Antoninos