Tito Flavio Sabino Vespasiano
Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.
Traxectoria [editar]
Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e sufocou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado césar e o seu pai asociouno ó goberno.
A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.
Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.
A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Vespasiano |
Tito Flavio Sabino Vespasiano | Precede a: Domiciano |
| Dinastía Flavia | ||