Antón Cañellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anton Cañellas i Balcells
Antón Cañellas

1993 – 2004
Precedido por Frederic Rahola i d'Espona
Sucedido por Rafael Ribó i Massó

Datos persoais
Nacemento 4 de outubro de 1923
Barcelona
Falecemento 27 de outubro de 2006 (88 anos)
San Cugat del Vallés
Partido Unió Democràtica de Catalunya (1947-1978), Centristes de Catalunya (1978-1983)
Pais Cataluña
Cónxuxe Maria Roca Junyent
Profesión Avogado e político
Alma mater Universidade de Barcelona
Relixión Católico
Residencia Barcelona

Antón Cañellas Balcells, nado en Barcelona o 4 de outubro de 1923 e finado en San Cugat del Vallés o 27 de agosto de 2006, foi un político e xurista catalán.

Licenciado en Dereito, participou na resistencia no franquismo no Front Universitari de Catalunya e foi cofundador das Xuventudes Democráticas de Cataluña en 1947. Destacou no seu labor na Lexislatura Constituínte de España en 1977 como deputado de Centristes de Catalunya, aliada con Unión de Centro Democrático. Foi escolleito de novo deputado no Congreso en 1979, participando activamente na elaboración do Estatuto de Autonomía de Cataluña de aquel ano.

Máis tarde foi deputado no Parlamento de Cataluña e senador designado pola comunidade autónoma en 1984. Elixido Síndico de Agravios, ocupou o posto desde 1993 a 2004 e foi nomeado presidente do Instituto Europeo Ombudsman de 2000 a 2002.

Estaba en posesión da Cruz de Sant Jordi e da Orde da Lexión de Honra francesa.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas