Andrés Mendieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mendieta
Información persoal
Nome Andrés Mendieta Ocamica
Nacemento 12 de febreiro de 1945 (79 anos)
Lugar de nacemento Lekeitio
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Retirado
Carreira xuvenil
Begoña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1964 Begoña
1964–1965 Indautxu 29 (0)
1965–1970 Real Madrid 0 (0)
1968–1970 Rayo 37 (0)
1968–1970 Deportivo 8 (0)
1972–1974 Castellón 56 (0)
Selección nacional
España olímpica 5 (0)
Na rede
FIFA: 286357 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Andrés Mendieta Ocamica, nado en Lekeitio (Biscaia) o 12 de febreiro de 1945, é un exfutbolista español, que xogaba de porteiro. Debutou en Segunda División co Indautxu, pasando logo ao Real Madrid. Formou parte do club branco durante cinco anos, pero non chegou a debutar, saíndo cedido dúas tempadas ao Rayo Vallecano e outras dúas ao Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División. Finalmente militou durante catro anos no Castellón, co que logrou o ascenso á máxima categoría na tempada 1971/72.

É pai do tamén futbolista Gaizka Mendieta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a xogar ao fútbol nos xuvenís do Begoña, pasando logo ao primeiro equipo, que xogaba nas categorías rexionais vascas.[1] En 1964 fichou polo Indautxu, co que debutou na Segunda División na segunda xornada da tempada 1964/65, da man do adestrador Rafael Iriondo. Disputou 31 partidos esa tempada e ao ano seguinte fichou polo Real Madrid.[2]

Chegou ao equipo branco como terceiro porteiro e non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Betancort. Na súa segunda tempada saíu cedido ao Rayo Vallecano, de Segunda División, onde xogou 31 encontros en dous anos, nun equipo adestrado por Eguiluz primeiro, e Olmedo despois. A continuación foi cedido outra vez, ao Deportivo da Coruña. No club galego debutou en Primeira División, pero xogou só 8 partidos, sendo Joanet o porteiro habitualmente elixido polo adestrador Cheché Martín. Ademais estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

En novembro de 1969 foi recuperado polo Real Madrid, que tiña lesionados aos porteiros Betancort e Junquera, aínda que tampouco entón chegou a debutar.[3] No verán de 1970 desvinculouse do Real Madrid e fichou polo Castellón, onde xogou durante catro tempadas, as dúas últimas na Primeira División, despois de ascender na 1971/72.

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección olímpica española, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, obtendo un diploma olímpico.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai do tamén futbolista Gaizka Mendieta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 María, Manuel (1 de decembro de 1968). "MENDIETA: Un suplente del Coruña que puede ser titular en el Madrid" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  2. "JAIME BLANCO, TEJADA Y MENDIETA, TRES CARAS NUEVAS EN EL BERNABÉU" (en castelán). 18 de xullo de 1965. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  3. "Mendieta, al Español". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1970. p. 17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]