Paul Krugman
Paul Robin Krugman, nado o 28 de febreiro de 1953, é un economista, divulgador e xornalista norteamericano, próximo ás formulacións neokeynesianos.
Traxectoria [editar]
En 2011 era profesor de Economía e Asuntos Internacionais na Universidade de Princeton. Dende 2000 escribe unha columna no periódico New York Times. En 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Economía. Krugman é probabelmente máis coñecido polo público como forte crítico das políticas económicas e xenerais da administración de George W. Bush, que presentou na súa columna.
Escribiu máis de 200 artigos e 21 libros -algún deles académicos, e outros de divulgación-. Preocupouse por reformular modelos matemáticos para resolver o problema de onde ocorre a actividade económica e por que.
En 1991 a American Economic Association concedeulle a medalla John Bates Clark. Gañou o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2004 e o Premio Nobel de Economía en 2008.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||
