Richard Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Richard Nicholas Stone, nado o 30 de agosto de 1913 en Londres e falecido en Cambridge en 1991, foi un economista e profesor universitario inglés que recibíu o Premio Nobel de Economía no ano 1984.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou primeiro Dereito, para logo pasar a estudar Economía, na Universidade de Cambridge, na que se graduou en 1936 sob a dirección de Hermann Kahn, John Maurice Clark e John Maynard Keynes. Durante a Segunda Guerra Mundial foi compañeiro de James Meade no Servizo Central de Información Económica do Goberno Británico, onde foi o encargado de manter conversas, en representación do goberno, acerca da creación dun sistema internacional de contabilidade nacional.

Foi profesor da Universidade de Cambridge desde 1945 até 1980. En diversas ocasións foi profesor convidado da Universidade Johns Hopkins de Baltimore (EUA). Faleceu o 6 de decembro de 1991 na cidade de Cambridge.

Investigación económica[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida compaxinou a docencia con o exercicio de misións para a Organitzación para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e máis para a Organización das Nacións Unidas (ONU). Os modeles de contabilidade nacional foron introducidos por inspiración de Keynes, Stone e Meade, e sistematizarán o uso dun volume crecente de información estatística nun sistema organizado, que Stone refinou ate convertelo na base da moderna anàlise macroeconómica. Ideou un esquema de dupla entrada, ampliado do sistema de partida dobre empresarial, nun modelo económico con catro axentes agregados: as famílias, as empresas, o sector público e o sector exterior. O sistema creado por Stone permitíu o seu uso por países e correntes de pensamento moi diversos.

No ano 1984 foi galardoado con o Premio Nobel de Economía polo desenvolvemento de modelos contábeles usados a nivel nacional e internacional.

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

  • 1944: National Income and Expenditure, con James Meade.
  • 1954: The Measurement of Consumers. Expenditure and Behavior in the United Kingdom, 1920-1938.
  • 1966: Mathematics in the Social Sciences and Other Essays.
  • 1970: Mathematical Models of the Economy and Other Essays.
  • 1971: Demographic Accounting and Model Building.
  • 1973: Transition and Admission Models in Social Demography.
  • 1975: Direct and Indirect Constraints in the Adjustment of Observations.
  • 1980: A Simple Growth process Tending to Stationarity.
  • 1982: The Relationship of Demographic Accounts to National Income and Product Accounts.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]