Franco Modigliani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franco Modigliani

Franco Modigliani, nado en Roma o 18 de xuño de 1918 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 25 de setembro de 2003, foi un economista italiano, naturalizado estadounidense. Foi galardoado con o Premio Nobel de Economía en 1985.

Biografía[editar | editar a fonte]

Modigliani naceu en Roma no seo dunha familia de xudía. Deixou a capital italiana en 1939 a causa das leis raciais fascistas contra os hebreos. REfuxiouse nos Estados Unidos, onde colleu a súa cidadanía en 1946.

Teorías[editar | editar a fonte]

Modigliani, xunto con Merton Miller, formulou o denominado Teorema de Modigliani-Miller sobre as finanzas empresariais, que explica que en determinadas condicións o valor dunha empresa permanece igual, ora che sexa finanzada através da captación de capitais no mercado accionario (emisión de accións), ora sexa finanzada através da adquisición de débeda (emisión de obrigacións). Porén os supostos do teorema fanno inverificábel desde o punto de vista empírico, mais con todo segue a ser un achado científico importante porque ten orixinado unha enorme literatura, aínda florecente, que busca esplicar sob que diversas condicións o resultado non é válido.

Modigliani foi tamén o creador da hipótese do ciclo vital, que explica como o aforro e o consumo mudan durante a vida dunha persoa. Os consumidores, segundo Modigliani, tende a efectuar as súas escollas de consumo non en base ao xuro corrente, senón en base ás súas espectativas de xuro e consumo total futuro. Por iso, os individuos tenden a aforrar nalgunhas fases da súa vida para logo gastar o diñeiro acumulado noutras fases, por exemplo durante a xubilación.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]