Rovaniemi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 66°30′05″N 25°44′05″W / 66.50139°N 25.73472°W
| Rovaniemi | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Finlandia |
| Rexión: | Laponia |
| Sub-rexión: | Rovaniemi |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 8.016,72 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 60.707 hab. (2012) |
| Densidade de poboación: | 8,01 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Mauri Gardin |
| Sitio na web: | Páxina Oficial |
Rovaniemi é unha cidade e municipio de Finlandia. É a capital administrativa e centro comercial da provincia máis setentrional do país, Laponia. Está situada preto do Círculo Polar Ártico e entre os outeiros de Ounasvaara e Korkalovaara, na confluencia do río Kemijoki e o seu afluente, o Ounasjoki. A cidade e o Rovaniemen maalaiskunta (municipio rural Rovaniemi) que o rodea foron consolidados nunha soa entidade o 1 de xaneiro do 2006. O novo municipio ten unha área de 8.016,72 quilómetros cadrados e unha poboación aproximada de 61.000 habitantes.