Alfaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfaneiro
Alfaneiro ilustrado por Otto Wilhelm Thomé en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Alfaneiro ilustrado por Otto Wilhelm Thomé en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: Ligustrum
Especie: L. vulgare
Nome binomial
Ligustrum vulgare
L., Sp. Pl., vol. 1, p. 7, 1753[4]
Flores, detalle.
Froitos inmaturos.
Froitos maduros.

O alfaneiro[1] ou ligustro (Ligustrum vulgare) é unha especie de planta pertencente á familia Oleaceae.

En Galicia non é común brava, empregándose especialmente en xardinaxe, para crear sebes ou arboriñas en ringleiras nas rúas.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto de 2 a 3 m de altura. As súas follas, semellantes ás da oliveira, porén de cor máis verde, son opostas e lanceoladas. As flores son brancas, gamopétalas e recendentes. O froito é unha baga escura, acre e tóxica.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Medra nos bosques húmidos sendo moi utilizado en sebes de xardíns.

É natural do centro e do sur de Europa, norte de África e suroeste de Asia, dende o sur de Inglaterra e o suroeste de Suecia até Marrocos polo sur e o leste de Polonia e o noroeste de irán polo leste.[2][3][4][5][6]

Bagas do ligustro

Táxones infra específicos[editar | editar a fonte]

Todas as subespecies, variedades e formas son todas meros sinónimos.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Ligustrum album Gueldenst. ex Ledeb. Ligustrum angustifolium Gilib. nom. inval. Ligustrum decipiens Gand. Ligustrum insulare Decne. Ligustrum insulense Decne. Ligustrum italicumMill. Ligustrum lodense Glogau Ligustrum oviforme Gand. Ligustrum sempervirens Mazziari nom. inval. Ligustrum vicinum Gand. Ligustrum vulgare var. atrovirens Hoefker Ligustrum vulgare var. aureum Hoefker Ligustrum vulgare var. auriflorum Hoefker Ligustrum vulgare var. brachystachyum (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare var. chlorocarpum Hoefker Ligustrum vulgare var. glaucum Hoefker Ligustrum vulgare var. insulense (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare subsp. italicum (Mill.) Fukarek Ligustrum vulgare var. italicum (Mill.) Vahl Ligustrum vulgare var. laurifolium Hoefker Ligustrum vulgare var. pendulum (Carrière) Hoefker Ligustrum vulgare f. pendulum (Carrière) Dippel Ligustrum vulgare var. pyramidale Hoefker Ligustrum vulgare var. variegatum Hoefker Olea humilis Salisb. nom. illeg.[7]

Nome galego[editar | editar a fonte]

A Real Academia Galega só recoñece o termo ligustro.[8] Porén o termo alfaneiro está documentado en moitos outros dicionarios.[9]

En Galicia tamén existen as variedades dialectais: alfeneiro, fiafeira, fiaza, filseira e tilseira.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Esta planta é o alimento das eirugas das avelaíñas da especie Craniophora ligustri.

Usos[editar | editar a fonte]

Úsase principalmente en xardinaxe para crear sebes. En Galicia tamén é común en paseos e rúas urbanas.

As follas moídas en po usábanse para tinxir, especialmente o cabelo ou as crinas das bestas.

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

  • Contén principios amargos e alcaloides.
  • Por mor á súa toxicidade non é utilizada, pois o consumo produce diarreas e vómitos.
  • Aumenta a produción de linfocitos por parte da médula ósea e facilita a súa maduración até se converter en células T.

Especie invasora[editar | editar a fonte]

Esta especie figura nalgunhas listaxes de especies invasoras en países coma Australia,[10] o Canada,[11] Nova Zelandia,[12] and the United States.[13][14] It is also fully naturalised in Mexico's highlands[15] and Argentina[Cómpre referencia].


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. Flora Europaea: Ligustrum vulgare
  3. Plants for a Future: Ligustrum vulgare
  4. Germplasm Resources Information Network: Ligustrum vulgare
  5. Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. ISBN 0-340-40170-2
  6. Bean, W. J. (1978). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles vol. 2: 576-577. ISBN 0-7195-2256-0.
  7. Sinónimos en The Plant List[2]
  8. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=ligustro
  9. [3]
  10. Potential Environmental Weeds in Australia: Appendix C
  11. Canadian Botanical Conservation Network: Information on Invasive Shrub and Vine Species
  12. Protecting and Restoring our Natural Heritage: Appendix one: Invasive weeds
  13. Swearingen, Jil; Reshetiloff, K.; Slattery, B; Zwicker, S. (2010). Plant Invaders of Mid-Atlantic Natural Areas, 4th Edition. National Park Service and U.S. Fish & Wildlife Service. p. 71. http://www.nps.gov/plants/alien/pubs/midatlantic/midatlantic.pdf.
  14. Invasive species: European privet
  15. Plantas medicinales. Virtudes insospechadas de plantas conocidas. 1987. Reader's Digest México S.A. de C.V. Printed by Gráficas Monte Albán S.A. de C.V. Querétaro, Mexico. ISBN 968-28-0099-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfaneiro Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alfaneiro