Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Alejandro Farnesio

Alexandre Farnesio, nado o 27 de agosto de 1545 en Roma e finado o 3 de decembro de 1592 en Arras (Francia), foi un xeneral español e duque de Parma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Margarita de Parma e polo tanto neto de Carlos I. Estudou na Corte española e casou con María de Portugal.

Destacou no 1571 na batalla de Lepanto como man dereita de don Juan de Austria. No 1574 ordénaselle dirixi-los terzos españois en Italia, cos que se dirixiu a Flandres para defende-los intereses da coroa. No 1578 seguindo a recomendación do seu fillo don Xoán, Filipe II noméao gobernador dos Países Baixos.

Durante o seu goberno tomou Maastricht e confirmou a vixencia do Edicto Perpetuo, tratado polo cal Filipe II era recoñecido como único monarca lexítimo dos Países Baixos e a católica como a única relixión.

Nos seguintes anos, combatendo contra a Unión de Utrecht comandada por Guillerme de Orange, Farnesio tivo que ceder algunhas prazas importantes: Cambrai, Antuerpen... Pero cos asasinatos do duque de Anjou e de Guillerme de Orange, líderes da Unión de Utretch, os terzos españois recuperaron Bruxelas, Gante e Antuerpen (1585).

No 1587 defende Flandres contra a invasión inglesa comandada polo duque de Leicester.

En 1590 entra en Francia para defende-los intereses da Liga Católica e derrota a Henrique IV na batalla de Ligny. Logo liberou Nimega, Rúan ,... e venceu a Henrique IV unha vez máis na batalla de Aumale. Falecería de febre tras recibir unha bala nunha das batallas en Francia.

Un terzo da Lexión Española leva na súa honrra o séu nome.