Alejandro de Castro Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alejandro de Castro Casal, nado na Coruña o 23 de abril de 1812 e finado en Zarauz o 6 de xullo de 1881 foi un político e diplomático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi parlamentario no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra en varias lexislaturas entre 1850 e 1876[1], presidente do congreso entre o 23 de decembro de 1864 e o 20 de febreiro de 1865[2], ministro de Ultramar durante un breve período en 1864 e tamén entre 1866 e 1867, de Facenda en 1865 e de Estado nese mesmo ano durante o reinado de Isabel II; novamente ministro de Estado en 1875 e interinamente de Fomento durante a enfermidade do titular, Manuel Orovio Echagüe, xa no reinado de Afonso XII[3], e senador pola provincia de Pontevedra en 1876 e vitalicio desde 1877[4].

Serviu tamén como embaixador en Roma e Lisboa[5].

Notas[editar | editar a fonte]