Billy Talent
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Billy Talent | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Mississauga, Ontario, Canadá |
| Período | 1993 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, punk rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Atlantic, Warner, Roadrunner |
| Membros | Benjamin Kowalewicz Ian D'Sa Jonathan Gallant Aaron Solowoniuk |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.billytalent.com/ |
Billy Talent (antigamente coñecida como Pezz) é unha banda canadense de rock alternativo formada en 1993 en Streetsville, Ontario. Está composta por Ben Kowalewicz (voces), Ian D'Sa (guitarra e voces), Jon Gallant (baixo e coros) e Aaron Solowoniuk (batería e percusión).
A banda tardou ao redor de dez anos en chegar ao gran público. Os seus membros coñecéronse e comezaron a tocar no instituto co nome Pezz e mantívose na escena underground de Toronto ata o 2001. O grupo cambiou o nome despois de ter problemas legais co antigo, e foi cando a conexión de Kowalewicz cun empregado do depertamento A&R de Warner Music Canada os lanzou ao estrelato.
Discografía[editar]
- Watoosh! - 1999 (autoeditado) Como Pezz
- Billy Talent - 2003 (Atlantic Records)
- Billy Talent II - 2006 (Atlantic/Warner Music Canada)
- Billy Talent III - 2009 (Atlantic/Roadrunner)
- Dead Silence - 2012 (Warner Bros. Records/Roadrunner)