Aguia rapaz
| Aguia rapaz | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Aquila rapax | ||||||||||||
A aguia rapaz (Aquila rapax), é unha ave de rapina de tamaño grande, de aspecto externo moi semellante o da aguia das estepas.
Índice |
[editar] Descrición
Miden entre 62 e 72 cm. de lonxitude, cunha envergadura de alas de entre 165 e 185 cm. O seu cor varia entre diversos matices do castaño, máis leonado na parte inferior e con plumas anegradas na cola e as alas. A parte inferior do lombo é moi pálida. Son algo máis pequenas e pálidas cá aguia das estepas da que se diferencian ademais por carecer de tons pálidos na gorxa. As aves inmaturas teñen a plumaxe menos contrastada cós adultos, aínda que amosan unha grande varieadade de tons. A súa chamada característica recorda algo a do corvo, pero son en xeral aves silenciosas, agás durante o cortexo.
[editar] Clasificación
A aguia rapaz foi considerada coma a unha especie única coa aguia das estepas, Aquila nipalensis. Foron separadas en especies distintas a raíz de estudios que amosaron claras diferencias anatómicas e morfolóxicas (Clark, 1992; Olson, 1994; Sangsteret al., 2002) e gracias as análises moleculares amosan que non son mesmo parentes moi próximos.
[editar] Distribución e hábitat
Crían na maior parte de África, ó norte e ó sur do Sahara, e no suroeste tropical de Asia ata á India. Ö longo de toda a súa distribución prefiren biotopos secos e abertos coma estepas, sabanas, desertos e semidesertos
[editar] Bioloxía
Poñen de un a tres ovos nun niño de cotelos feito nas árbores, nun acantilado ou no chan. A súa dieta componse basicamente de calaza, por ben que tamén cazan mamíferos de ata a talla dun coello, réptiles e aves da ata a talla dunha galiña de Guinea. Ocasionalmente rouban as presas doutras aves de rapina.
[editar] Notas
- Clark, W. S. (1992): The taxonomy of Steppe and Tawny Eagles, with criteria for separation of museum specimens and live eagles. Bulletin of the British Ornithologists 112: 150–157.
- Olson, Storrs L. (1994): Cranial osteology of Tawny and Steppe Eagles Aquila rapax and A. nipalensis. Bull. B.O.C. 114: 264–267.
- Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. PDF fulltext
- aguia rapaz na "lista vermella de especies ameazadas" da IUCN