A Ética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ethica Ordine Geometrico Demonstrata ou Ethica More Geometrico Demonstrata, coñecida simplemente como A Ética, é unha obra do filósofo Spinoza. Foi redatada en latín e está composta de cinco libros.

Características[editar | editar a fonte]

A Ética é un modelo de filosofía. A obra articula o coñecemento metafísico para unha finalidade moral[Cómpre referencia]: a beatitude. O libro contén a síntese rematada do pensamento ontolóxico, antropolóxico e moral do seu autor.

A Ética está escrita more geometrico, segundo unha presentación que pode desconcertar. Nela atópanse definicións, axiomas, proposicións, demostracións, cuxo modelo é evidentemente a construción euclidiana. O more geometrico spinozista debe ser retrotraído ao seu modelo cartesiano: as Segundas Respostas ás obxeccións das Meditacións; trátase dun procedemento de exposición, e no descubrimento da verdade.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Está dividido en cinco libros:

  • I, De Deus
  • II, Da natureza e orixe da alma
  • III, Da orixe e natureza dos afectos
  • IV, Da servidume humana ou da forza dos afectos
  • V, Do poder do entendemento ou da liberdade humana.

A obra comeza cunha serie de definicións problemáticas, na medida na que Spinoza, que retoma certos termos clásicos da ontoloxía e da metafísica (Deus, substancia, atributos, modos), non lle dá necesariamente un sentido tradicional.

Libro I[editar | editar a fonte]

Este libro, que se inicia cunha primeira parte que trata “de Deus”, non cesou de ser considerado como o breviario do ateísmo. Esta atribución apenas pode ser considerada como unha traizón. Pois non se ve que metafísica, que teoloxía podería recoñecer ao seu Deus na pura inmanencia da substancia na natureza, nesta “ ontoloxía naturalista e monista”, en termos de Robert Misrahi. Esta filosofía desterra todas as representacións antropomórficas da divindade: Deus non é unha providencia organizadora, nin un pai amante, nin un monarca severo, nin un xuíz xusticeiro. O apéndice ao libro I desmonta os mecanismos destas ficcións, cuxos intereses ideolóxicos e mesmo políticos son analizados.

Ao mesmo tempo que toda concepción tradicional da divindade, e baixo a mesma acusación de antropomorfismo, Spinoza tamén desterra a finalidade. É sinxelo comprender por que Spinoza foi excluído de toda comunidade relixiosa e perseguido polas igrexas do seu tempo.

Libro II[editar | editar a fonte]

O libro II desenvolve a teoría do coñecemento, que guiou o bosquexo do Tratado da reforma do entendemento, como tamén unha teoría sobre as relacións entre a alma e o corpo. Este problema nutriu ás grandes doutrinas metafísicas post-cartesianas da segunda metade de século. Segundo Spinoza, “a orde e a conexión das cousas”; aquí está o principio dunha intelixibilidade universal do ser. A alma é polo tanto “a idea do corpo”. A teoría spinozista do coñecemento distínguese pola súa negativa a hipostasiar as facultades (entendemento, vontade), como fai o cartesianismo, e convertelas en axentes activos nas operacións do coñecemento. Entendemento e vontade son seres de razón; o único que existe son as ideas e as volicións.

Libro III[editar | editar a fonte]

O libro III constrúe o pedestal do que propiamente pode chamarse a ética spinozista. Ao orientar a análise da alma humana baixo a perspectiva dunha antropoloxía positiva, concibida de modo estritamente determinista, a teoría do desexo de Spinoza arruina todo moralismo. A súa teoría dos afectos apóiase, como a ontoloxía, nun rexeitamento de toda transcendencia.

Libros IV e V[editar | editar a fonte]

Os libros IV e V examinan pola súas causas esta servidume ou esta sabedoría humanas. Non se trata xamais para Spinoza de prescribir, louvar ou castigar, senón de comprender os mecanismos do desexo e da súa flutuación (o xogo dos afectos ou paixóns). A imaxinación é aquí obxecto dunha crítica severa. O meu desexo é sempre susceptible de ser determinado por fins exteriores, e de ser dirixido por afectos que comporten unha diminución da miña potencia de obrar e me leven tanto a tristeza.

Influencia posterior[editar | editar a fonte]

A Ética é un deses libros cuxa influencia é imposible medir, tan enorme foi o seu alcance. A priori, podemos interpretar a acollida que mereceron a súas teses como un desmentido ao seu valor. Porque lonxe de inducir aos seus contemporáneos a unha actitude de benvida e tolerancia, Spinoza desencadeou contra el e o seu sistema un furacán de paixóns cargadas de odio que a súa morte non logrou apagar, e nin sequera atenuar. Excomulgado durante a súa vida, mentres a Ética circulaba disimulada baixo a capa, Spinoza tamén o seguiu estando despois da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]