Abu Nuwas
| Abu Nuwas | |
|---|---|
| Nacemento: | 756 Ahvaz |
| Falecemento: | 814 |
| Lingua: | árabe |
| Xénero(s): | poesía |
Abu Nuwas al-Hasan ben Hani Al-Hakami (756–814) (árabe: ابونواس; persa: ابونواس), foi un poeta en lingua árabe, un dos autores máis coñecidos nos países árabes.
Naceu na cidade de Ahvaz de pai árabe e nai persa, estudou na cidade de Basora e tivo como mestre e amante ao poeta Waliba ibn al-Hubab e tras un tempo vivindo en Kufa regresou a Basora para estudar con Jalaf al-Ahmar. Viviu en Bagdad protexido por mecenas, os temas dos seus poemas teñen unha forte tendencia hedonista, temas báquicos e eróticos, amor ao viño, aos rapaces, á caza, á libertinaxe mais tamén a anguria da morte e do avellentamento. O seu espírito crítico atacou especialmente as institucións relixiosas. Abu Nuwas tivo que fuxir á Meca e logo a Exipto durante algún tempo, por escribir unha elexía en loanza dos barmakís, unha poderosa familia de visires, protectores de Abu e perseguida e asasinada polo entón califa Harún al-Rashid da dinastía abbasí.