55 Cancri f

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
55 Cancri f
Planeta extrasolar Lista de planetas extrasolares
Artist's concept shows four of the five planets that orbit 55 Cancri, a star much like our own.jpg
Concepción artística de 55 Cancri f.
Os tres puntos próximos a estrela, son os tres planetas máis interiores do sistema.
Estrela nai
Estrela 55 Cancri A
Constelación Cáncer
Ascensión recta (α) 08h 52m 35.8s
Declinación (δ) +28° 19′ 51″
Magnitude aparente (mV) 5,95
Distancia 40,3 ± 0,4 al
(12,3 ± 0,1 pc)
Tipo espectral G8V
Masa (m) 0,95 ± 0,10 M
Raio (r) 1,152 ± 0,035 R
Temperatura (T) 5.373 ± 9,7 K
Metalicidade [Fe/H] 0,29
Idade 7,4–8,7 Ga
Elementos orbitais
Eixo semimaior (a) 0,781 ± 0,007[1] UA
(116,9 Gm)
    62,5 mas
Periastro (q) 0,730 UA
(109,1 Gm)
Apoastro (Q) 0,833 UA
(124,6 Gm)
Excentricidade (e) 0,2 ± 0,2[1]
Período orbital (P) 260,00 ± 1,1[1] d
(0,7118 a)
Argumento do
periastro
(ω) 181,1 ± 60[1]°
Tempo do periastro (T0) 2.450.080,9108 ± 1,1[1] Xd
Semi-amplitude (K) 4,879 ± 0,6[1] m/s
Características físicas
Masa mínima (m sin i) 0,144 ± 0,04[1] MJ
(45,7 ± 12,7[1] M)
Fluxo estelar (F) ~1
Información do descubrimento
Data do descubrimento 11-04-2005 (anunciado)
06-11-2007 (publicado)
Descubridor(es) anunciado por J. Wisdom
publicado por D. Fischer
Método do descubrimento Espectroscopia Doppler
Lugar do descubrimento Estados Unidos
Status do descubrimento Publicado
Outras designacións
55 Cancri Af, Rho1 Cancri f, HD 75732 f
Referencias nas
bases de datos
Enciclopedia
Planetas Extrasolares
datos
SIMBAD datos

55 Cancri f (abreviado 55 Cnc f e tamén coñecido coma Rho1 Cancri f) é un planeta extrasolar a preto de 41 anos luz de distancia da Terra, na constelación de Cáncer. 55 Cancri f é o cuarto planeta coñecido (en orde de distancia) da estrela 55 Cancri e o primeiro planeta en te-la designación de "f".[2]

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Variacións da velocidade radial ó longo do tempo de 55 Cancri causadas pola presenza de 55 Cancri f.

A presentación inicial deste planeta ocorreu nunha reunión da Sociedade Astronómica Americana en abril de 2005,[3] pero, con todo, teríase que esperar máis de dous anos e medio antes de que o descubrimento do planeta fose revisado e publicado nun xornal.[1] É o primeiro planeta coñecido fóra do noso sistema solar que ten toda a súa órbita no que os astrónomos chaman a "zona habitable".[4] Ademais, o descubrimento fixo de 55 Cancri a primeira estrela (aparte do Sol) coñecida por ter, polo menos, cinco planetas.

Órbita e masa[editar | editar a fonte]

A órbita de 55 Cnc f comparada coa órbita de Venus (0,72AU).

55 Cancri f está a unhas 0,781 UA de distancia respecto da estrela e lévalle 260 días facer unha órbita completa.[5] Unha limitación do método da velocidade radial empregado para detectar 55 Cancri f é que só se pode obte-la masa mínima, nese caso, unhas 0,144 veces a masa de Xúpiter, ou a metade da masa de Saturno.[5] Baixo un modelo Kepleriano dos datos da velocidade radial de 55 Cancri A indica que a órbita é circular, incluso cambiando o valor nun intervalo entre 0 e 0,4 non altera significativamente a estadística de Pearson do modelo, así pois, presupónselle unha excentricidade de 0,2 ± 0,2.[1] Nun modelo newtoniano que computa tamén as interaccións entre os planetas, a excentricidade sae como 0,0002, case perfectamente circular.[1]

Observacións astrométricas feitas co telescopio Hubble suxiren que o planeta exterior 55 Cancri d está inclinado 53° respecto do plano do ceo.[6] Os planetas internos 'b' e 'e' están inclinados a 85°. A inclinación de 'f' é descoñecida.

Características[editar | editar a fonte]

Xa que o planeta foi detectado indirectamente a través de observacións da súa estrela, propiedades tales coma o seu raio, composición e temperatura son descoñecidas. Cunha masa a metade cá de Saturno,[5] 55 Cancri f é probable que sexa un xigante gasoso sen superficie sólida. Orbita na chamada "zona habitable", o que significa que podería existir auga líquida na superficie nalgunha das súas posibles lúas.[4]

Non se sabe se a súa composición e a súa aparencia é máis semellante á de Saturno ou á de Neptuno.[2] Baseándose na súa temperatura, debería ser un planeta tipo Sudarsky Clase II, cuberto de nubes de auga.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Debra A. Fischer, Geoffrey W. Marcy, R. Paul Butler, Steven S. Vogt, Greg Laughlin, Gregory W. Henry, David Abouav, Kathryn M. G. Peek, Jason T. Wright, John A. Johnson, Chris McCarthy, Howard Isaacson (23-12-2007). "Five Planets Orbiting 55 Cancri". Astrophysics 675: 790–801. arXiv:0712.3917. Bibcode 2008ApJ...675..790F. DOI:10.1086/525512. 
  2. 2,0 2,1 Shige Abe (12-11-2007). "Researchers Identify First Five-Planet Extrasolar System". NASA Astrobiology. Arquivado do orixinal o 16-09-2008. http://web.archive.org/web/20080916211923/http://astrobiology.nasa.gov/articles/researchers-identify-first-five-planet-extrasolar-system/. Consultado o 17-09-2008. 
  3. J. Wisdom (11-04-2005). "A Neptune-sized Planet in the rho1 Cancri System". DDA 36th Meeting, 10–14 April 2005—Session 5 Posters (The American Astronomical Society). Arquivado do orixinal o 16-12-2006. http://web.archive.org/web/20061216012023/http://www.aas.org/publications/baas/v37n2/dda05/29.htm. Consultado o 17-09-2008. 
  4. 4,0 4,1 Ian Sample, science correspondent (07-11-2007). "Could this be Earth's near twin? Introducing planet 55 Cancri f". London: The Guardian. Arquivado do orixinal o 02-10-2008. http://web.archive.org/web/20081002080911/http://www.guardian.co.uk/science/2007/nov/07/spaceexploration. Consultado o 17-10-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Jean Schneider (2011). "Notes for Planet 55 Cnc f". Extrasolar Planets Encyclopaedia. http://exoplanet.eu/planet.php?p1=55+Cnc&p2=f. Consultado o 08-10-2011. 
  6. Han; Black, David C.; Gatewood, George; (2001). "Preliminary Astrometric Masses for Proposed Extrasolar Planetary Companions". The Astrophysical Journal Letters 548 (1): L57–L60. Bibcode 2001ApJ...548L..57H. DOI:10.1086/318927. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 55 Cancri f