Masa de Xúpiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comparación dos tamaños estimados das ananas marróns Gliese 229B e Teide 1 e do planeta Xúpiter.

A Masa de Xúpiter (Mx or MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres;[1] unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter ​​usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.

Os exoplanetas máis masivos son xeralmente descritos en termos de masas de Xúpiter xa que isto proporciona unha escala moi cómoda para comparar. Un planeta cunha masa de Xúpiter a unha distancia orbital de 1 UA respecto dunha estrela semellante ó Sol, provoca un cambio de amplitude de 28 m/s, que é detectable coa tecnoloxía actual.[2] Os planetas máis facilmente detectables a través das medicións da velocidade radical teñen moita masa e orbitan moi preto da súa estrela nai. Isto produce un efecto de selección para os planetas con masas semellantes a de Xúpiter. Por outra banda, os planetas con masas superiores a de Xúpiter son detectables máis facilmente con outros métodos, coma os tránsitos ou as microlentes.[3]

Un planeta cunha masa de Xúpiter pode non ter as mesmas dimensións cá Xúpiter. Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres que a fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter.[4][5][6]

No Sistema Solar, as veces, as masas dos planetas exteriores son expresadas en masas de Xúpiter.

Unha masa de Xúpiter pode ser convertida a outras unidades relativas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Williams, Dr. David R. (02-11-2007). "Jupiter Fact Sheet". NASA. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/jupiterfact.html. Consultado o 16-07-2009.
  2. Kovalevsky, Jean; Seidelmann, P. Kenneth (2004). Fundamentals of Astrometry. Cambridge University Press. p. 346. ISBN 0-521-64216-7.
  3. Barrie William, Jones (2004). Life in the solar system and beyond. Springer. pp. 211–233. ISBN 1-85233-101-1.
  4. Alan, Boss (03-04-2001). "Are They Planets or What?". Carnegie Institution of Washington. Arquivado do orixinal o 28-09-2006. http://web.archive.org/web/20060928065124/http://www.carnegieinstitution.org/News4-3,2001.html. Consultado o 08-06-2006.
  5. Shiga, David (17-08-2006). "Mass cut-off between stars and brown dwarfs revealed". New Scientist. http://www.newscientist.com/article/dn9771-mass-cutoff-between-stars-and-brown-dwarfs-revealed.html. Consultado o 23-08-2006.
  6. Basri, Gibor (2000). Observations of Brown Dwarfs. 38. p. 485. Bibcode 2000ARA&A..38..485B. DOI:10.1146/annurev.astro.38.1.485.