101955 Bennu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
101955 Bennu
Descubrimento e clasificación
Descuberto por Linear
Descuberto o 11-09-1999
Categoría no Mpc Apolo, potencialmente perigoso
Designación provisional 1999 RQ36
Características orbitais
Época= 2455562,5 (31-07-2015) TDB[1]
Afelio 1.356 UA
Perihelio 0.8969 UA
Eixo semi-maior 1.126 UA
Excentricidade 0.2037
Período orbital 436.6 días
Velocidade orbital 28.0 km/s
Inclinación orbital 6.035 °
Anomalía media 101.7 °
Lonxitude do nodo ascendente 2.061 °
Argumento do periastro 66.22 °
Características físicas
Diámetro 490 m
Magnitude absoluta 20.812
Órbita do asteroide 101955 Bennu comparada coa dos planetas interiores, onde se mostra a posición do asteroide en novembro de 2015.[2]

101955 Bennu é un asteroide próximo á Terra duns 490 metros de diámetro e unha masa de 6 × 1010 kg.[3] O seu achegamento máximo ó Sol (perihelio) está na parte interior da órbita da Terra e o seu afastamento máximo (afelio) chega case á órbita de Marte. Con todo, non intercepta a órbita da Terra debido a que a órbita do asteroide está noutro plano orbital. Está clasificado como un asteroide Apolo[2] (asteroides con órbitas próximas á órbita da Terra).

Este asteroide foi seleccionado para ser visitado pola sonda espacial OSIRIS-REx no ano 2018 (o seu lanzamento foi o 8 de setembro de 2016). Esta sonda recollerá mostras de po do asteroide cun brazo robótico e transportaraas á Terra. Estímase que poderá recoller máis de 60 gramos. A recollida de mostras producirase no ano 2020 e o regreso á Terra coas mostras será no 2023.[4]

Descubrimento e nome[editar | editar a fonte]

Bennu foi descuberto polo equipo do Lincoln Near-Earth Asteroid Research dende Socorro, Novo México, Estados Unidos, o 11 de setembro de 1999.[1] Recibiu orixinalmente a designación 1999 RQ36. Cando se seleccionou como destino da sonda espacial, a Sociedade Planetaria fixo un concurso para poñerlle nome. O concurso gañouno un neno de nove anos que suxeriu o nome Bennu, un paxaro asociado ó deus exipcio Osiris.[5]

Parámetros orbitais[editar | editar a fonte]

Bennu orbita a unha distancia media de 1 126 UA do Sol, podendo achegarse ata 0.8969 UA e afastarse ata 1 356 UA. Ten unha excentricidade de 0.2037 e unha inclinación orbital de 6.035 graos. Emprega en completar unha órbita arredor do Sol 436.6 días. O movemento de Bennu sobre o fondo estelar é de 0.8245 graos por día.[1]

Bennu é un dos asteroides potencialmente perigosos.[1]

Características físicas[editar | editar a fonte]

A magnitude absoluta de Bennu é 20.9 e o período de rotación de 4.276 horas.[1][6]

O asteroide é unha acumulación de entullos de diferentes tamaños. Pequenos croios saen despedidos do asteroide dende o seu ecuador, regresando á superficie, mais algúns quedan en órbita. Esta observación efectuouna a sonda OSIRIS-REx o 19 de xaneiro de 2019. A causa deste fenómeno radica na baixa gravidade, sumada á rápida rotación, polo que un croio pode poñerse en órbita adquirindo unha velocidade baixa, por exemplo, rodando por unha das súas ladeiras (a atracción gravitacional na superficie do asteroide é de tan só 8 millonésimas de g nos polos pero no ecuador, debido á rápida rotación, a atracción redúcese a 3 millonésimas de g).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "(101955) Bennu". Jet Propulsion Laboratory (en inglés). Consultado o 30-06-2020. 
  2. 2,0 2,1 NASA, JPL. "JPL Small-Body Database Browser 101955 Bennu (1999 RQ36)" (en inglés). Consultado o 30-06-2020. 
  3. NASA, NEO. "Near Earth object program, 101955 Bennu (1999 RQ36) Earth Impact Risk Summary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20-01-2017. Consultado o 30-06-2020.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  4. Daniel, Marín (26-10-2015). "La sonda OSIRIS-REx ya está lista para traer muestras del asteroide Bennu" (en castelán). Consultado o 30-06-2020. 
  5. Lakdawalla, Emily. "We have a winner! The OSIRIS-REx asteroid's name is: Bennu!". Blog da Sociedade Planetaria (en inglés). Consultado o 30-06-2020. 
  6. 6,0 6,1 Marín, Daniel (20-03-2019). "Bennu, el pequeño asteroide cercano que «escupe» rocas" (en castelán). Consultado o 30-06-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]