.gal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.gal
Ano de creación 2009-2010
En servizo desde 12 de abril de 2014
25 de xullo de 2014
Tipo Dominio de primeiro nivel
Estado Aprobado
Rexistrador Asociación Puntogal
Patrocinador Asociación Puntogal
Finalidade Webs galegas e en galego
País Galicia Galicia
Web Dominio.gal

O dominio .gal é un dominio de internet de primeiro nivel que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua galega e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente pola ICANN o 14 de xuño de 2013. O novo dominio é utilizado para webs en galego fundamentalmente, tal e como está determinado nas normas da ICANN. Entrou en funcionamento o 16 de maio de 2014 coa páxina www.dominio.gal.[1]

O caso do dominio catalán[editar | editar a fonte]

A aprobación do dominio catalán, o .cat. Para acadar este dominio foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil, empresarial, e política catalá. Unha cantidade de asociacións culturais, empresariais, e fundacións, así como persoas de toda condicións sumáronse a tal proxecto, que contou cun importante apoio institucional, contando co apoio do Estado español, ao ser consultado pola ICANN.

Asociación Puntogal[editar | editar a fonte]

Presentación en xullo de 2014 das primeiras 93 webs que empregarán o dominio .gal.

Puntogal (de ".gal") é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a creación dun dominio de internet patrocinado específico para a cultura galega. Constituíuse o 10 de xuño de 2006 e está formada por varias institucións e asociacións galegas; propón o uso do dominio de primeiro nivel .gal para as páxinas en galego. Está presidida por Manuel González González (director do Instituto da Lingua Galega e secretario da Real Academia Galega).

O dominio ".gal" correspondería á comunidade galega, nun senso xeral, en función dun criterio de ser unha comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais), e independentemente de ningún criterio xeográfico. A proposta puntogal non está relacionada coa proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo), dominios para os que é necesario ser un estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 16 de novembro de 2007 foille entregado o Premio Xoan Manuel Pintos concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Historia[editar | editar a fonte]

Anuncio da aprobación do novo dominio .gal o sábado 15 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela.

O dez de xuño de 2006 foron varias as entidades fundadoras da asociación que puxeron en marcha a candidatura. Naquel pequeno acto sentáronse as bases que mantiveron vivo o proxecto durante este sete anos. Entre elas, o propósito firme de que a entidade que xestionará o dominio se autofinancie e reinvista os beneficios obtidos en promover a lingua e a cultura galegas.

O .gal foi apoiado pola Real Academia Galega ó Consello da Cultura pasando polas tres universidades, os distintos gobernos da Xunta de Galicia, centros de investigación, asociacións de empresas de novas tecnoloxías, colexios profesionais, medios de comunicación e por ducias de colectivos de base, a candidatura do dominio sentiuse sempre respaldada pola sociedade con máis de 12.000 apoios. Dentro e fóra. Máis de vinte asociacións de galegos no exterior de países como Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina ou Uruguai están tamén detrás do dominio. O 16 de maio de 2014 presentouse a primeira páxina web do dominio .gal, www.dominio.gal, co gallo do Día de Internet e na véspera do Día das letras galegas.[2][3]

O 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, entraron en funcionamentos as primeiras webs .gal,[4] entre as que se atopan webs da Xunta de Galicia, múltiples concellos galegos, Compañía de Radio-Televisión de Galicia, partidos políticos, fundacións, equipos deportivos como o Real Club Celta e Deportivo da Coruña e outras varias webs, nun total de 93 dominios "pioneiros" seleccionados de entre unha multitude de peticións.[4] /

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]