.gov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dotgov.gif

.gov (do inglés "government", goberno) é un dominio de internet xenérico que forma parte do sistema de dominios de internet.

É utilizado polo goberno federal dos Estados Unidos. Foi un dos dominios de nivel superior orixinais, establecidos en xaneiro de 1985.

Estados Unidos é o único país que ten un dominio de nivel superior específico para seu goberno, ademais de seu Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD). Xa que Estados Unidos controla o dominio de nivel superior .gov, sería imposible para calquera outro país crear un dominio que remate en .gov, por exemplo, .jp.gov.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]