Dominio de primeiro nivel xenérico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un dominio de primeiro nivel xenérico (generic Top Level Domain ou gTLD) é unha das categorías de dominios de nivel superior que mantén a Internet Assigned Numbers Authority (IANA) para o seu uso no sistema de nomes de dominio de Internet. É visible para os usuarios de Internet como o sufixo ó final dun nombre de dominio (ex: .com).

En xeral, IANA actualmente distingue os seguintes grupos de dominios de primeiro nivel:

Os dominios de primeiro nivel xenéricos (gTLD) están formados por un mínimo de 3 letras, para diferencialos dos dominios xeográficos (ccTLD), que consisten en códigos de dúas letras asignados a cada país ou territorio. Os dominios xenéricos asígnanse segundo o obxectivo para o que foron creados.

Lista de dominios gTLD[editar | editar a fonte]

A lista actualizada pode consultarse na páxina da IANA.

Dominios gTLD non restrinxidos[editar | editar a fonte]

Dominio Uso destinado
.com Uso comercial
.info Información
.net Redes e proveedores de internet
.org Organizacións e asociacións

Estes dominios non restrinxidos, aínda que inicialmente estaban destinados para un uso específico, son empregados todos eles de xeito comercial debido á saturación do dominio .com. Por exemplo, o feito de que unha páxina utilice o dominio .net ou .org no quere dicir que se trate dun proveedor de internet ou dunha organización.

Dominios gTLD restrinxidos[editar | editar a fonte]

Dominio Tipo Uso destinado
.aero Patrocinado Industria do transporte aéreo
.asia Patrocinado Rexión Asia-Pacífico
.biz Xenérico-Restrinxido Empresas (dominio derivado de businesses: negocios en inglés)
.cat Patrocinado Cultura e lingua catalanas
.coop Patrocinado Cooperativas
.edu Patrocinado Educación
.gal Patrocinado Cultura e lingua galegas
.gov Patrocinado Goberno dos Estados Unidos
.int Patrocinado Organismos internacionais
.jobs Patrocinado Sitios relacionados co emprego
.mil Patrocinado Forzas armadas dos Estados Unidos
.mobi Patrocinado Sitios para dispositivos móbiles
.museum Patrocinado Museos
.name Xenérico-Restrinxido Persoas
.post Patrocinado Servizos postais
.pro Xenérico-Restrinxido Profesionais certificados
.tel Patrocinado Servizos de telefonía
.travel Patrocinado Servizos relacionados con viaxes
.xxx Patrocinado Pornografía

Outros dominios TLD[editar | editar a fonte]

Dominios do sistema[editar | editar a fonte]

Dominio Uso destinado
.arpa Infraestructuras
.root Descoñecido

Dominios reservados[editar | editar a fonte]

Dominio Uso destinado
.example Reservado para o seu uso en exemplos
.invalid Reservado para evitar conflitos
.localhost Reservado para evitar conflitos co uso tradicional de localhost como nome de host
.test Reservado para o seu uso en probas

Dominios eliminados[editar | editar a fonte]

Dominio Uso destinado
.nato Creado para a OTAN, logo de crearse posteriormente o dominio .int foi substituído por .nato.int

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]