.cym

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

.cym (de cymraeg, "galés") é un dominio de Internet de nivel superior proposto en 2006 para páxinas escritas en lingua galesa. A campaña foi iniciada logo da exitosa introdución de .cat para a comunidade de lingua catalá (o dominio .cat está reservado oficialmente para aquelas páxinas web que "salienten a lingua e cultura catalás").

A declaración de misión da campaña di:

A lingua e a cultura galesas forman unha comunidade que cremos debe ser identificada e realzada tendo o seu propio dominio de nivel superior patrocinado en Internet. Baixo un TLD .CYM patrocinado aquelas compañías e individuos ao redor de mundo que se expresen no idioma galés e desexen animar a cultura galesa, poderán rexistrarse e ser claramente identificados.