.bg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.bg
Data de creación 1991
Data de posta en servizo 1991
Tipo de TLD ccTLD
Estado Activo
Rexistrador Register.bg
Patrocinador Register.bg
Uso destinado Entidades ligadas con Bulgaria
País de orixe Bulgaria
Web register.BG

.bg é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bulgaria. Está operado por Register.bg.

As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.

O prezo do rexistro é de 30 euros por ano (36 € incluíndo o IVE).

Até mediados de 2006, o prezo era de 50 USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios .com, .org, ou .net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.[1]

Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome.[2] As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.[3]

Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg, etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións.[2] Está principalmente feito para persoas individuais.[4]

O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel en cirílico con letras que só hai na lingua búlgara. [5]

Índice

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]