.bb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.bb
Ano de creación 1991
En servizo desde 1991
Tipo ccTLD
Estado Activo
Rexistrador Telecoms Unit
Patrocinador Goberno de Barbados
Finalidade Entidades ligadas con Barbados
País Barbados
Web .BB registry


.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.[1]

O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.

A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.[2]

Dominios de segundo nivel[editar | editar a fonte]

  • .co.bb - uso xeral (normalmente comercial)
  • .com.bb - entidades comerciais
  • .net.bb - provedores de rede
  • .org.bb - uso xera (normalmente para organizacións sen ánimo de lucro)
  • .gov.bb - organizacións do goberno de Barbados
  • .edu.bb - organizacións da educación de Barbados
  • .info.bb - uso xeral
  • .store.bb - uso xeral
  • .tv.bb - uso xeral
  • .biz.bb - uso xeral

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]