.tk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.tk
Ano de creación 1997
En servizo desde 1997
Tipo dominio de nivel superior xeográfico
Estado activo
Rexistrador Dot TK
Patrocinador Goberno de Toquelau
Finalidade Webs sobre Toquelau (o uso corrente é para webs de calquera tipo)
País Toquelau
Web DOtk

.tk é o dominio de nivel superior xeográfico (ccTLD) para o arquipélago de Toquelau.

Toquelau ofrece a maioría de dominios .tk como gratuítos. Os dominios .tk foron creados no ano 1997 para o arquipélago. Os dominios gratuítos están sinalados aos servidores de Toquelau, os cales ofrecen servizo de redireccionamento web e de correo electrónico. O dominio está administrado por unha ONG cal razón social e proporcionarlle ingresos a poboación do arquipélago mediante a venda destes dominios. Constitúe unha exportación ou ingreso non convencional do arquipélago de Toquelau, que é maioritariamente un pobo de pescadores con un pouco de produción de artesanía.

Para rexistrar un dominio, existen 5 vías posibles, a primeira é un redireccionamento web gratuíto, co cal, terá a web un pouco de publicidade. O segundo consiste en rexistrar un dominio gratis, pero una vez rexistrado, pódese enviar un sms para eliminar a publicidade. O terceiro é de pago e permite a posibilidade de modificar o DNS do dominio, para poder apuntar a un servizo de hospedaxe privado. O cuarto consta de nomes xa rexistrados por DotTK, e que valen o mesmo que un da segunda opción, pero poden ter máis valor. E o quinto consta de dominios xa rexistrados por DotTK, pero pertencentes a importantes marcas de produtos ou servizos, cos cales aumenta considerabelmente o seu valor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]