-492
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas efemérides do ano -492 é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros anos que precisan ampliación e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Calendario gregoriano | -492 ' |
| Ab urbe condita | 261 |
| Calendario armenio | N/A |
| Calendario chinés | 2204 – 2205 |
| Calendario hebreo | 3268 – 3269 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
-437 – -436 N/A 2609 – 2610 |
| Calendario persa | 1114 BP – 1113 BP |
| Calendario musulmán | 1149 BH – 1148 BH |
| Calendario rúnico | -242 |
Índice |
Acontecementos [editar]
- En Roma, consulado de T. Geganius Macerinus e P. Minucius Augurinus
- Cleómenes I, rei dos lacedemonios, expulsa do trono ao segundo rei, Demarato, hostil aos seus proxectos contra Atenas e Exina. Demarato refúxiase con Darío I.
- Iníciase a primeira expedición do rei persa Darío I contra Grecia baixo a o mando do seu xenro e xeneral, Mardonio. Darío envía a Mardonio á Xonia a substituir o seu sátrapa, Artafernes e co encargo de facerse coa Tracia e impor o seu protectorado na Macedonia. A súa campaña contra a Grecia é un fracaso: boa parte da frota persa é destruída por unha tempestade ao bordear o monte Athos. Segundo Heródoto, perdéronse 300 embarcacións e máis de 20.000 homes. Os brixios atacan o acampamento persa e matan a moitos persas. Mardonios é ferido mais consegue derrotalos.
- Milcíades debe fuxir do Quersoneso de Tracia e refúxiase en Atenas. Alí acúsaselle de tiranía, mais logo é absolto.
- En Sicilia, a colonia de Siracusa Camarina rebélase. Hipócrates, tirano de Xela intervén para se enfrentar a Siracusa. Após vencer o exército no río Heloro, sitia a cidade. Porén, diante da intervención de forzas provenientes de Corinto, decide retirarse a cambio de Camarina.