Cleómenes I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCleómenes I
Nome orixinal(grc) Κλεομένης Α΄ της Σπάρτης Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Esparta, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortec. 490 a. C. Editar o valor em Wikidata
Esparta, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Desangramento Editar o valor em Wikidata)
Reis de Esparta
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEsparta Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaÁgida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGorgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAnaxandridas II Editar o valor em Wikidata
IrmánsCleômbroto (pt) Traducir, Leónidas I e Dorieu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Cleómenes I foi rei de Esparta, aproximadamente entre os anos 520 a.C. e 489 a.C..

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Da familia dos Axíadas, sucedeu ao seu pai Anaxandridas II cara ao ano 520 a.C. no trono de Esparta, e goberna conxuntamente co segundo rei, Demarato, ata 492 a.C.. A asociación dos dous soberanos é problemática pois Demarato frea a miúdo a Cleómenes.

Este afirma a primacía de Esparta ao intervir moitas veces nos asuntos internos de Atenas. No 510 a.C. axuda aos Alcmeónidas a derrubar a tiranía de Hipias pero tenta logo apoiar o partido aristocrático de Iságoras contra os demócratas liderados por Clístenes de Atenas. En dúas ocasións, en 507 a.C. e en 506 a.C. tenta, en van, poñer fin á experiencia democrática posta en marcha por Clístenes.

Logo da revolta dos gregos de Xonia, négalle toda axuda de Esparta a Aristágoras, o tirano de Mileto. En 494 a.C. inflixe a Argos unha derrota en Sepeia, reforzando así o poderío espartiata no Peloponeso. En 492 a.C. expulsa a Demarato, quen se refuxia en Persia.

Morreu no ano 489 a.C.. Ao parecer suicidouse, en estado demente.

Tivo como filla a Gorgo, unha das mulleres máis célebres da Grecia Antiga.

Esparta

Segue a:
Anaxandridas II
Cleómenes I
Precede a:
Leónidas I
Axíadas