Campo de Daroca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCampo de Daroca

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°07′N 1°25′O / 41.12, -1.42Coordenadas: 41°07′N 1°25′O / 41.12, -1.42
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
CapitalDaroca Editar o valor em Wikidata

Páxina webcomarcadedaroca.com Editar o valor em Wikidata

O Campo de Daroca é unha comarca de Aragón, en España, situada no suroeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é Daroca.

Municipios[editar | editar a fonte]

A comarca engloba aos municipios de Acered, Aldehuela de Liestos, Anento, Atea, Badules, Balconchán, Berrueco, Cerveruela, Cubel, Las Cuerlas, Daroca, Fombuena, Gallocanta, Herrera de los Navarros, Langa del Castillo, Lechón, Luesma, Mainar, Manchones, Murero, Nombrevilla, Orcajo, Retascón, Romanos, Santed, Torralba de los Frailes, Torralbilla, Used, Val de San Martín, Valdehorna, Villadoz, Villanueva de Jiloca, Villar de los Navarros, Villarreal de Huerva e Villarroya del Campo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa Comunidade de Calatayud e o Campo de Cariñena, ao sueste coa comarca do Señorío de Molina (na provincia de Guadalaxara), ao sur coa comarca do Jiloca e ao leste co Campo de Belchite.

Parte do seu territorio está ocupado pola Reserva natural dirixida da Lagoa de Gallocanta.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é o principal recurso económico, principalmente o cultivo de cereais, forraxes e vide.

Cultura[editar | editar a fonte]

Do patrimonio artístico destacar a cidade de Daroca, que conserva as murallas medievais. Entre os espazos naturais destacar a lagoa de Gallocanta, a maior lagoa destas características de España e onde se concentran grandes cantidades de aves migratorias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]