Álex Mene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlex Mene

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Novos Valores Editar o valor em Wikidata

AELG: 581 Dialnet: 1163345


Alejandro Mene Pazos, coñecido como Álex Mene, nado en 1969[1] en Vigo, é un mestre, escritor, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. É profesor de cultura audiovisual e fundamentos da arte no IES Alexandre Bóveda.[3]

A súa obra aborda temas coma o desexo, a memoria, e os roles e a Identidade de xénero[4]. Como fotógrafo e pintor expuxo en espazos tales como a Galería Espacio 48 de Santiago de Compostela, no Museo Municipal de Ourense[5] ou no Museo MARCO de Vigo.[6]

Pezas audiovisuais súas participaron en festivais como o Certamen de cortos de Caja Madrid, o Festival de Cine Independente de Elx, o Certamen de Jóvenes Realizadores de Zaragoza, o Rec.06, o Festival de Creació Audiovisual de Tarragona ou o Girona Film Festival.

Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o labor de fotógrafo de Eduardo Blanco Amor intitulada O ollo cazador. Sobre a fotografía de Eduardo Blanco Amor.[7]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

En 2020 gañou o 3º premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves, coa obra A herdeira (foto de familia).

Poesía[editar | editar a fonte]

Obra artística e expositiva[editar | editar a fonte]

Individual[editar | editar a fonte]

  • Ventás para unha fuga. Outono Fotográfico de Ourense. Biblioteca Central do Campus de Ourense da Universidade de Vigo., 2017.[12]
  • Fotodiario [caderno de campo]. Outono Fotográfico de Ourense. Centro Cultural Márcos Valcárcel. Deputación de Ourense, 2015.[13]
  • Unha cabana no lago. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2009.
  • Oasis. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2003.
  • Eu son o outro. (con Santi Jiménez) Galería Espacio 48. Santiago de Compostela. 2002.

Colectiva[editar | editar a fonte]

  • XII Concurso Nacional de Cine y I de Vídeo Amateur, Madrid, 1991.
  • I Certame Ourense de Fotografía para a Mocidade. Sala de exposicións de Caixa Ourense, 1992.
  • XIV Concurso Galego de Fotografía Xuventude 98. Casa da Xuventude. Ourense, 1998. Segundo premio á mellor fotografía[14]
  • Ourense en Pé de Foto. Museo Municipal. Ourense 2000.
  • Novos Valores 2000, Deputación de Pontevedra, 2000.
  • Identidades feridas da arte na doenza, Fundación Laxeiro, 2001.
  • ArtXove, Concello de Pontedeume, 2001.
  • Territorio(s), Galería Espacio 48, 2001.
  • V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2001.
  • VI Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2003.
  • Malas Artes 03, Concellaría de Cultura de Vigo, 2003.
  • Radicais Libres. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2005.
  • VII Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2005.
  • XVI Certamen de Artes Plásticas de la UNED. Casa de Velázquez. Madrid, 2006.
  • Entre-cruzar, Proxecto-Edición, CGAC, Santiago de Compostela, 2006.
  • ant_art, A Nosa Terra, 2007.
  • Vemos o que somos, somos o que vemos, Pazo de Cultura de Pontevedra, 2010.
  • Colección Alterarte, Campus de Ourense. Sala X. Pontevedra, 2011
  • Afinidades Selectivas 6, Universidade de Vigo, 2013.
  • Procesalia. Verbum, Casa da Palabras. Vigo, 2014
  • Colección alterarte: 10 anos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Mene en arteinformado.com (en castelán).
  2. Miren Xare gaña a XII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine., nova no sitio web da Deputación de Ourense.
  3. "Woody Allen entra en el aula de Álex Mene y acaba en un drama". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-02-07. Consultado o 2024-05-05. 
  4. Anxela Caramés: "O que pretendía afirmar é que si, hai feminismos nas artes visuais en Galicia", entrevista a Ánxela Caramés a cargo de Montse Dopico para Praza Pública o 24 de febreiro de 2017.
  5. Entre el caos y el orden, nova en La Voz de Galicia o 9 de febreiro de 2015 (en castelán).
  6. EXPOSICIÓN “ALÉN DOS XÉNEROS. PRÁCTICAS ARTÍSTICAS FEMINISTAS EN GALICIA” - (MUSEO MARCO) Arquivado 26 de maio de 2017 en Wayback Machine., nova en VigoCultura.
  7. Una tesis doctoral destaca su modernidad como fotógrafo, nova en La Voz de Galicia o 27 de xaneiro de 2015 (en castelán).
  8. Ficha na Rede de Bibliotecas de Galicia.
  9. Álex Mene gaña o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Fervenzas Literarias, 2 de abril de 2019.
  10. "Indómita y la semilla de la inmortalidad". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  11. Álex Mene resulta gañador do Premio de Poesía de Carral, Nós Diario, 4 de maio de 2021.
  12. Catálogo do Outono Fotográfico de 2017 (páx. 82). Documento en PDF.
  13. Catálogo do Outono Fotográfico de 2015 (páx. 122). Documento en PDF.
  14. Listaxe de premiados no sitio web de Outono Fotográfico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]