Remolacha azucreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Remolacha.
Remolacha azucreira

Dúas raíces de remolacha azucreira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Xénero: Beta
Especie: B. vulgaris
Nome binomial
Beta vulgaris L.

A remolacha azucreira (Beta vulgaris L. subsp. vulgaris var. altissima Döll) é unha variedade da remolacha común de onde se obtén azucre de forma industrial, existindo outras variedades como a acelga, a remolacha hortícola e a remolacha forraxeira. A raíz da remolacha azucreira foise seleccionando durante anos para conseguir unha maior porcentaxe de azucre na súa composición e unha maior capacidade agrícola.

A Unión Europea, os Estados Unidos, e Rusia son os tres principais produtores de remolacha azucreira do mundo,[1] pero soamente a Unión Europea e Ucraína son exportadores significativos de azucre de remolacha.

Maiores produtores[editar | editar a fonte]

Principais produtores de remolacha azucreira - 2005
(Millóns de toneladas)
Francia 29
Alemaña 25
Estados Unidos 25
Rusia 22
Ucraína 16
Turquía 14
Italia 12
Polonia 11
Reino Unido 8
España 7
Total mundial 242
Fonte: UN Food & Agriculture Organisation (FAO)[2]

En 2009 Francia, os Estados Unidos, Alemaña, Rusia e Turquía foron os cinco maiores produtores de remolacha azucreira[3] porén, en 2010-2011, América do Norte e Europa do leste non produciron azucre de abondo, polo que tiveron que importar[4] Os Estados Unidos colectou 4.065 km² de remolacha azucreira en 2008.[5] En 2009 a remolacha azucreira achegou o 20% do azucre mundial.[6]

Produción de remolacha azucreira no 2009
Produción mundial de remolacha azucreira

Cultivo[editar | editar a fonte]

Leiras de remolacha azucreira na Suíza

A remolacha azucreira, coma a cana de azucre, necesita sun solo peculiar e dun clima específico para un cultivo axeitado. O requirimento máis importante é que o solo debe fornecer á planta os nutrientes esenciais, ser rico en humus, de xeito que teña unha boa textura para reter auga. Certa cantidade de álcalis non é necesariamente prexudicial, xa que é un cultivo que atura ben estes compostos. O solo debe estar ben nivelado e ter unha boa drenaxe, especialmente cando hai rega.[7]

Medra ben en solos areentos e francos, aínda que o solo ideal para o cultivo da remolacha azucreira é o franco-areento: unha mestura de materia orgánica, arxila e area. Non é bo un subsolo de grixo ou rocha nai a pouca fondura, xa que se require bastante profundidade.

As condicións climáticas, temperatura, radiación sola, choiva e vento teñen unha imporante influencia no éxito do cultivo da remolacha azucreira. Unha temperatura ideal vai dos 15 aos 21 °C durante os meses de cultivo. En ausencia de rega, requírense polo menos 460 mm de choiva. Os ventos fortes son daniños para a cultura xa que impiden agromar as beterrabas noviñas. Unha das condicións importantes é ter ciclos de luz longos (días longos) pero non moi intensos. Polo que preto do ecuador, os días curtos e a calor intensa fan que o contido de azucre na remolacha sexa baixo.[7] Porén, nos lugares altos onde a temperatura do día é alta, mais refresca á noite, a calidade da beterraba é excelente.

Cómpre preparar ben o terreo, un arado profundo é o primeiro principio para o cultivo da remolacha azucreira, xa que permite ás raíces penetraren no subsolo sen obstrucións e evitan que a beterraba saia por riba do chan, estando mellor nutrida. Se o solo é moi duro as raíces non penetrarán axeitadamente e a planta irá saíndo polo chan durante o ciclo de cultivo. Un subsolo duro é impermeábel á auga e evita unha correcta drenaxe. Idealmente o solo debe ser profundo e lixeiro para que penetren as raíces e o ar. A remolacha azucreira esgota os nutrientes do solo axiña, polo que a rotación de cultivsos é necesaria; normalmente a reomolacha azucreira cultívase nas mesmas leiras cada tres anos, alternado con chícharos, feixóns e cereais.[7]

Colleita de remolacha azucreira en Alemaña

Na maioría dos climas temperados as remolachas plántanse na primavera e se apañan polo outono. No extermo norte da súa área de cultivo a estación de cultivo só dura uns 100 días. En climas máis quentes, por exemplo en California a remolacha azucreira é un cultivo de inverno, plantándose polo outono e colleitando en primavera. Nos últimos anos, a Syngenta desenvolveu unha remolacha azucreira tropical, que permite cultivala en condicións tropicais e subtropicais.

Até a segunda metade do século XX, a produción da remolacha azucreira requiría de moita man de obra, por exemplo no control da maleza, que se controlaba coa densidade de plantación e co uso de aixadas, polo menos tres veces durante o ciclo. A colleita tamén requiría de moitos traballadores. Aínda que as raíces podían tirarse cunha especie arado, e coa axuda de bestas, o resto da preparación era artesanal.

U Harvesting also required many workers. Although the roots could be lifted by a plough-like device which could be pulled by a horse team, the rest of the preparation was by hand. Un traballador apañaba as plantas puxando polas follas, despois sacudíaas para limpalas de restos de terra e deitábaas en ringleira, coas follas para un lado e a raíz para o outro. Un segundo traballador, equipado cunha especie de fouciña, segue ao primeiro e separa as follas da raíz. Deste xeito, vai deixando unha fileira de beterrabas para seren despois carrexadas.

Hoxe en día, a sementeira mecánica, a aplicación de herbicidas para o control de malas herbas e a colleita mecánica desprazaron o traballo manual. A maquinaria moderna usa unha serie de coitelas para separar a raíz da coroa (que ten alto contido en impurezas non azucreiras). A colleitadora de romolacha levanta a raíz e remove o exceso de solo e é quen de cubrir seis ringleiras á vez, as beterrabas métense en camións que as levan ás factorías.

Se as beterrabas teñen que agardar para seren transportadas ás fábricas, normalmente fanse moreas e se protexen con fardos de palla. Sempre que as moreas estean ben construídas, coa ventilación axeitada, as beterrabas non se deterioran. Ademais as beterrabas que se conxelan e despois desconxelan producen carbohidratos complexos que causan severos problemas de produción na fábrica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Major Food And Agricultural Commodities And Producers - Countries By Commodity
  2. Food and Agriculture Organisation: Statistics
  3. "FAOSTAT:Countries by commodity". Food and Agriculture Organization, United Nations. 2010. 
  4. "Sugar:World Markets and Trade" (PDF). United States Department of Agriculture: FAS Information. 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2011. Consultado o 05 de agosto de 2013. 
  5. "NASS - Statistics by Subject - Crops & Plants - Field Crops - Sugarbeets". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2006. Consultado o 05 de agosto de 2013. 
  6. "Agribusiness Handbook: Sugar beet white sugar" (PDF). Food and Agriculture Organization, United Nations. 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de setembro de 2015. Consultado o 05 de agosto de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 George Rolph (1873). Something about sugar: its history, growth, manufacture and distribution. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]