Limanda
Limanda Limandas | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limanda común (Limanda limanda) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Limanda é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] que comprende seis especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, coñecidas en galego como limandas.[2][3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1835 polo naturalista alemán Carl Moritz Gottsche.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Limanda é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.[4][5]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes seis especies:[1][6]
- Limanda aspera (Pallas, 1814) - a limanda áspera.[2]
- Limanda ferruginea (Storer, 1839) -a limanda de cola amarela.[2]
- Limanda limanda (Linnaeus, 1758) - a limanda.[2]
- Limanda proboscidea Gilbert, 1896
- Limanda punctatissima (Steindachner, 1879)
- Limanda sakhalinensis Hubbs, 1915
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Limanda Gottsche, 1835 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 144. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2018.
- ↑ "Limande". Trésor de la Langue Française informatisé. Consultado o 2021-03-16.
- ↑ Webster's New International English Dictionary. Webster. 2012.
- ↑ Especies de Limanda en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limanda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.