Limanda ferruginea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Limanda ferruginea
Limanda de cola amarela

Imaxe de Limanda ferruginea na obra
Fishes of the Gulf of Maine,
de H. B. Bigelow & W. C. Schroeder, 1953
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Pleuronectinae
Xénero: Limanda
Especie: L. ferruginea
Nome binomial
Limanda ferruginea
(Storer, 1839)

Limanda ferruginea é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das seis que integran o xénero Limanda,[2], que é coñecido en galego como limanda de cola amarela, adaptación do seu nome en inglés yellowtail flounder.[3]

É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de importancia comercial, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas plataforma continental da parte noroeste do océano Atlántico, desde o sur da península do Labrador (Canadá) até ao norte da costa leste dos Estados Unidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1839 polo naturalista estadounidense David Humphreys Storer, baixo o nome de Platessa ferruginea.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Storer, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]

  • Limanda oceanica Bonaparte, 1846
  • Limanda vulgaris Gottsche, 1835
  • Pleuronectes ferruginaeus (Storer, 1839) (incorrecto gramaticalmente)
  • Pleuronectes ferruginea (Storer, 1839)
  • Pleuronectes ferrugineus (Storer, 1839)

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome limanda, que Linneo empregou como nome específico (e que despois adoptou Gottsche para o xénero por el creado, e no que actualmente se sitúa esta especie) é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.[4][5]

O nome específico, ferruginea é deriva do adxectivo latíno ferrūgineus, -a, -um, "da cor do ferro", derivado do substantivo ferrūgo, -ĭnis, "ferrruxe", á súa vez derivado de ferrum, -i, "ferro".[6]

Características[editar | editar a fonte]

A máxima lonxitude rexistrada da especie foi de 64 cm, e o seu peso máximo alcanzou 1,5 kg.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Limanda ferruginosa é un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas plataforma continental da parte noroeste do océano Atlántico, desde o sur da península do Labrador (Canadá) até ao norte da costa leste dos Estados Unidos, entre os 54° N e os 37° N, chegando polo sur á baía de Chesapeake (entre Maryland e Virxinia),[8] a profundidades de 27 a 364 m,[9]

Os adultos habitan en fondos areoso e lamacentos,[7] e prefiren profundidades de 37 a 82 m, en augas a temperaturas de entre 3 e 5 °C.[10]

Nutrición[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente de vermes poliquetos e anfípodos, camaróns, isópodos e outros crustáceos e, ocasionalmente, de pequenos peixes bentónicos.[11]

Lonxevidade[editar | editar a fonte]

A idade máxima rexistrada é de 12 anos.[12]

Pesca e usos[editar | editar a fonte]

Limanda ferruginea é obxecto de pesca comercial na áreas de pesca 21(Atl´ñantico noroeste).[3] As súas capturas efectúanse sobre todo con artes de arrastre.

Comercialízase en fresco ou conxelada, consumíndose cocida ao vapor, frita, en microondas e asada ao forno.[13]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica, desde 1996 o estado de conservación da especie como VU vulnberábel).[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Limanda ferruginea (Storer, 1839) no WoRMS.
  2. Limanda Gottsche, 1835 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
  4. "Limande". Trésor de la Langue Française informatisé. Consultado o 2021-03-16. 
  5. Webster's New International English Dictionary. Webster. 2012.
  6. ferruginoso no DRAE.
  7. 7,0 7,1 Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston, USA: Houghton Mifflin Company.
  8. Limanda ferruginea (Storer, 1839) en FishBase.
  9. Scott, W. B. & M. G. Scott (1988).
  10. Bowering, W. R. & W. B. Brodie (1991): "Distribution of commercial flatfishes in the Newfoundland-Labrador region of the Canadian Northwest Atlantic and changes in certain biological parameters since exploitation". Neth. J. Sea Res 27 (3/4): 407-422.
  11. Scarratt, D. J. (1996): Atlantic Mariculture: Flounders. Halifax, Canada: Communications Branch, Department of Fisheries and Oceans, Scotia-Fundy Region.
  12. Pitt, T. K. (1974): "Age composition and growth of yellowtail flounder (Limanda ferruginea) from the Grand Bank". J. Fish. Res. Board Can. 31: 1800-1802.
  13. Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Fishing News Books, Osney Mead, Oxford, England.
  14. Sobel, J. (1996): Pleuronectes ferrugineus. na Lista vermella de especies ameazas da UICN. Version 2015.2. Consultada o 21 de xullo de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): "Atlantic fishes of Canada". Canadian Bulletin of Fisheries and Aquatic Sciences nº 219.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]