Zona de conservación de Ngorongoro
(en) Ngorongoro Conservation Area | ||||
Tipo | espazo natural protexido | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Ngorongoro Crater (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Arusha, Tanzania | |||
Localización | Rexión de Arusha | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 17 () × 21 () km | |||
Superficie | 8.292 km² Patrimonio da Humanidade: 809.440 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv), (vii), (viii), (ix) e (x) | |||
En perigo | 1984 - 1989 | |||
Identificador | 39 | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 555623796 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1959 | |||
Cronoloxía | ||||
1984-1989 | lista do Patrimonio Mundial en Perigo | |||
Páxina web | ngorongorocratertanzania.org | |||
A Zona de conservación de Ngorongoro é unha zona protexida situada a 180 km ao oeste da cidade de Arusha, nas terras altas volcánicas de Tanzania. A delimitación da zona de conservación vai ao longo da fronteira do Distrito de Ngorongoro.
A zona protexida cobre unha extensión de 8 288 km².
Na Área de Conservación de Ngorongoro atopamos nove volcáns, dos cales só un deles está activo, o Oldoinyo Lengai. Así mesmo, atopáronse dous dos sitios con maior interese de Tanzania e renome mundial, o impresionante Cráter do Ngorongoro e a Garganta de Oldupai, un dos sitios máis importantes para a investigación da evolución da especie humana.
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]O Ngorongoro declarouse zona de conservación en 1959 no momento en que se separou do Parque Nacional de Serengueti. A zona converteuse en Patrimonio da Humanidade da Unesco en 1979. O 31 de xullo de 2010, a zona de protección estendeuse aos vestixios arqueolóxicos que se localizaron no parque que inclúen pegadas e restos de homo habilis catalogándose como patrimonio mixto, natural e cultural.[1]
Crese que o cráter do Ngorongoro é a zona delimitada de menor extensión na que é posible atopar aos Cinco Grandes animais.[2]
O nome do cráter ten a súa orixe nuha onomatopeia, foi nomeado polos pastores Maasai polo son producido polo chocallo (ngoro ngoro). Baseado en evidencias fósiles atopadas na Garganta de Olduvai, varias especies de homínidos ocuparon a área durante 3 millóns de anos.
Os cazadores-recolectores foron substituídos por pastores fai algúns miles de anos. Os Mbulu[3] chegaron á zona hai uns 2.000 anos e uníronse aos Datooga ao redor do ano 1700. Os dous grupos foron expulsados da zona polos Masai nos anos 1800.[4]
As grandes figueiras no noroeste do bosque de Lerai son sagradas para os Masai e os Datooga. Algunhas delas poden ter sido plantadas na tumba dun líder dos Datago que morreu na batalla cos masai ao redor de 1840.[5]
Non se sabe que os europeos pisaran o cráter de Ngorongoro ata 1892, cando visitouno Oscar Baumann. Dous irmáns alemáns (Adolph e Friedrich Siedentopf) cultivaron no cráter ata o estoupido da primeira guerra mundial, despois de arrendar a terra á administración da África Oriental Alemá. Os irmáns organizaron regularmente festas de tiro para entreter aos seus amigos alemáns. Tamén tentaron dirixir os rabaños dos ñus fóra do cráter.[6][4][7]
En 1921, aprobouse a primeira ordenanza de conservación do parque, que restrinxiu a caza aos titulares de permisos en toda Tanzania. En 1928, ptohibíue a caza en todas as terras dentro do bordo do cráter, agás as antigas granxas de Siedentopf. A Ordenanza do Parque Nacional de 1948 (implementada en 1951) creou o Parque Nacional do Serengeti (SNP). Isto, porén, causou problemas cos masai e outras tribos, resultando na Ordenanza do Área de Conservación de Ngorongoro (1959) que separou a área de conservación do parque nacional. Os pastores masai que viven no Parque Nacional do Serengeti foron sistematicamente trasladados ao Ngorongoro, aumentando a poboación de Masais e gando que vivía no Cráter.[8][9] A Autoridade da Área de Conservación do Ngorongoro foi creada pola Lei de Parque de Leis (diversas modificacións) de 1976 e posúe a maioría dos Área de conservación de Ngorongoro, incluído o cráter. A área converteuse Patrimonio da Humanidade daUNESCO en 1979.[10] A Lei de Conservación da Vida Silvestre de 2009 restrinxiu aínda máis o uso humano do cráter de Ngorongoro e creou un marco legal para politicamente desacreditar e desprazar forzosamente aos pastores tradicionais.[9] : 57-59 A restrición do uso da terra xera tensión entre as comunidades locais de Maasai e as autoridades de conservación. Na actualidade, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) está buscando solucións para facilitar os conflitos e mellorar os esforzos de colaboración cara á conservación cos veciños.[11]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Topografía da rexión.
-
Rinoceronte negro (Diceros bicornis) no Ngorongoro.
-
Búfalo cafre (Syncerus caffer).
-
Avestruz (Struthio camelus).
-
Leonas cazando.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Comité de Patrimonio de la Humanidad inscribe la Zona de conservación del Ngorongoro (Tanzania)como patrimonio cultural
- ↑ "Los 5 Grandes Animales de los Safaris". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2018. Arquivado 01 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ "Mbulu", Information about northern Tanzania: a personal scrapbook of "cuttings" from published sources
- ↑ 4,0 4,1 Northern Tanzania: The Bradt Safari Guide with Kilimanjaro and Zanzibar, authored by Phillip Briggs, 2006, pages 197, 198 ISBN 1-84162-146-3
- ↑ Excerpt from Ngorongoro Conservation Area, authored by Jeannette Hanby & David Bygott, Information about northern Tanzania: a personal scrapbook of "cuttings" from published sources
- ↑ "The historical ecology of the large mammal populations of Ngorongoro Crater, Tanzania, east Africa", Mammal Review, authored by Louise Oates and Paul A. Rees, 2012
- ↑ Africa's Great Rift Valley, authored by Nigel Pavitt, Harry N. Abrams, Inc., New York, 2001, pages 135-139 ISBN 0-8109-0602-3
- ↑ Robert M. Poole. "Heartbreak on the Serengeti". National Geographic. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 2008-02-21.
- ↑ 9,0 9,1 Laltaika, Elifuraha (2013). "Pastoralists' Right to Land and Natural Resources in Tanzania" (PDF). Oregon Review of International Law 15 (1): 43–62. ISSN 1543-9860. Consultado o 12 de xuño de 2017.
- ↑ Homewood, K. M.; Rodgers, W. A. (2004-08-19). Maasailand Ecology: Pastoralist Development and Wildlife Conservation in Ngorongoro, Tanzania (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521607490.
- ↑ Hodgetts, Timothy; Lewis, Melissa; Bauer, Hans; Burnham, Dawn; Dickman, Amy; Macdonald, Ewan; Macdonald, David; Trouwborst, Arie (2018-06-02). "Improving the role of global conservation treaties in addressing contemporary threats to lions". Biodiversity and Conservation 27 (10): 2747–2765. ISSN 0960-3115. doi:10.1007/s10531-018-1567-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zona de conservación de Ngorongoro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parques nacionais de Tanzania
- Páxina dedicada ao Ngorongoro dentro da páxina web do PNUMA Arquivado 15 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
- Páxina web da Oficina de Turismo de Tanzania
- Páxina dedicada ao Ngorongoro dentro da páxina web da UNESCO
- Páxina dedicada ao Área de Ngorongoro dentro da páxina web de ExploraSafaris
- Blog Guía de Turismo fala da Zona de conservación de Ngorongoro