Reserva de caza de Selous
Reserva de caza de Selous | |
---|---|
![]() | |
localización | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 9°0′S 37°24′L / -9.000, -37.400 |
Tipo | Natural |
Criterios | ix, x |
Inscrición | 1982 (6ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 199bis |
A reserva de caza de Selous é unha área protexida no sur de Tanzania. Abrangue unha área total de 50,000 km2 e ten zonas de búfer adicional. Foi designado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1982 debido á súa diversidade de vida salvaxe e natureza. Algúns dos animais presentes na reserva son o elefante africano de sabana, o rinoceronte negro, o hipopótamo, o león, o licaón, o búfalo africano, a xirafa masai, a cebra común e o crocodilo do Nilo. Non se permite a presenza humana permanente dentro da reserva. Toda entrada e saída humana está controlada pola División de Vida Silvestre do Ministerio de Recursos Naturais e Turismo de Tanzania.
Historia[editar | editar a fonte]
A zona foi designada por primeira vez como área protexida en 1896 polo gobernador alemán de Tanganika, Hermann von Wissmann, e converteuse en reserva de caza en 1905. A reserva leva o nome de Frederick Selous, un famoso cazador de caza maior e conservacionista, que morreu en Beho Beho neste territorio en 1917 cando loitaba contra os alemáns na primeira guerra mundial. O explorador e cartógrafo escocés Keith Johnston morreu en Beho Beho en 1879 mentres lideraba unha expedición da Royal Geographical Society cara aos Grandes Lagos de África xunto a Joseph Thomson.
Dende 2005, a área protexida é considerada unha Unidade de Conservación do león.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. Pretoria, Suráfrica: IUCN.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reserva de caza de Selous ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Peter Matthiessen e Hugo van Lawick (Photography): Sand Rivers. Aurum Press, Londres 1981, ISBN 0-906053-22-6.
- Robert J. Ross, The Selous in Africa: A Long Way from Anywhere, Officina Libraria, Milán 2015, 2016 (2nd. ed.), ISBN 9788897737643
- Rolf D. Baldus: Wild Heart of Africa. Rowland Ward Publications, Johannesburg 2009, ISBN 9780980262674