Shikitei Sanba
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 式亭三馬 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1776 ![]() Asakusa, Xapón (pt) ![]() ![]() |
Morte | 27 de febreiro de 1822 ![]() Edo, Xapón ![]() |
Lugar de sepultura | Shōsen-ji (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, artista de ukiyo-e, poeta, novelista, Jihon Sakka ![]() |
Período de actividade | 1794 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сикитэй Самба) ![]() |
Shikitei Sanba (xaponés: 式亭三馬), pseudónimo de Kikuchi Hisanori (xaponés: 菊池久徳), nado en 1776 e finado o 27 de febreiro de 1822, foi un escritor e cómico xaponés do período Edo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shikitei Sanba naceu en Asakusa, Edo (actual Toquio), en 1776. Procedía dunha longa liñaxe de sacerdotes xintoístas do templo Hachijō-jima. O seu pai, Kikuchi Mohe, foi un famoso escultor en madeira. Aos nove anos, o escritor comezou a traballar nunha libraría, na que continuaría até os dezasete. Publicou os seus primeiros traballos en 1794, os libros ilustrados (kibyōshi 黄表紙) Tendō ukiyo suiseisō (xaponés: 天道浮世出星操) e Ningen isshin shitaisō (xaponés: 人間一心覗替繰).
Co cambio de século, publicaría diferentes obras ilustradas por Utagawa Toyokuni (1769-1825).[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Shikitei Sanba cultivou especialmente o xénero humorístico kokkeibon (xaponés: 滑稽本, lit. "libro cómico") e o kibyōshi. Entre as súas obras, destacan Ukiyoburo (xaponés: 浮世風呂, lit. "O baño do mundo flotante", 1809-1819) e Ukiyodoko (xaponés: 浮世床, lit. "A cama do mundo flotante", 1813).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kato 2013.
- ↑ Cross 2004, p. 4.
- ↑ Vaporis 2012, p. 49-52.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cross, Barbara (2004). "Representing Performance in Japanese Fiction: Shikitei Sanba (1776-1822)". SOAS Literary Review AHRB Centre Special Issue: 1–20.
- Kato, Shuichi (2013). A History of Japanese Literature: From the Manyoshu to Modern Times (en inglés). Routledge. ISBN 9781136613685.
- Vaporis, Constantine Nomikos (2012). Voices of Early Modern Japan: Contemporary Accounts of Daily Life During the Age of the Shoguns (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9780313392016.