Saltar ao contido

Zapata (peixe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zapata
 Nome taxon
    Galeus melastomus
Constantine Samuel Rafinesque 1810 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    G. melastomus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
  • Pristiurus melanostomus Lowe, 1843
  • Pristiurus souverbiei LaFont, 1868
  • Scyllium artedii Risso, 1820
  • Scyllium melanostomum Bonaparte, 1834
  • Squalus annulatus Nilsson, 1832
  • Squalus delarochianus* Blainville, 1816
  • Squalus prionurus Otto, 1821

* Sinónimo ambiguo
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseChondrichthyes
OrdeCarcharhiniformes
FamiliaPentanchidae
XéneroGaleus
EspecieGaleus melastomus Editar o valor en Wikidata
Rafinesque, 1810 Galeus melastomus Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/025y8rm Editar o valor en Wikidata
ITIS160034 Editar o valor en Wikidata
OTT327712 Editar o valor en Wikidata
UICN161398 Editar o valor en Wikidata
CoL3F4Y9 Editar o valor en Wikidata
EOL206697 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A zapata[1] (Galeus melastomus) é unha especie de elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), familia dos esciliorrínidos (Scyliorhinidae), común no nordeste do océano Atlántico, desde Islandia até o Senegal, incluíndo o mar Mediterráneo.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Corpo alongado, de 59 a 80 cm no Atlántico (lonxitude máxima, 90 cm as femias; 60 cm os machos). No Mediterráneo alcanzan menor tamaño.
  • Pel áspera de cor gris con manchas escuras, con bordos brancos, nas partes superiores (lombo e flancos), e abrancazada na rexión ventral.
  • Fociño comprimido e estreito.
  • Mucosa bucal negra (ao que alude o seu nome específico melastomus).
  • Ollos elípticos, relativamente grandes, sen membrana nictitante.
  • Válvulas nasais pouco desenvolvidas, e afastadas da boca; sucos labiais medianamente longos.
  • Fendeduras branquiais moi pequenas, a última sobre a aleta pectoral.
  • As aletas dorsais son pequenas e subiguais. As pelvianas son pequenas e angulares. A marxe superior da aleta anal ten a parte superior provista de dentículos dérmicos laterais maiores que os restantes, formando a cada lado unha verdadeira crista marxinal.[3][4]

Historia natural

[editar | editar a fonte]
  • Normalmente encóntrase en zonas profundas, no noiro continental, a profundidades de 150 a 1400 m, sobre fondos lamosos. Os individuos máis novos xeralmente habitan en augas máis superficiais que os xuvenís e os adultos. En Galicia varios autores citan á zapata en fondos da plataforma continental de máis de 200 m, desde a foz do Miño até a Estaca de Bares.[5]
  • A zapata é un depredador xeneralista que caza unha gran variedade de peixes, cefalópodos e crustáceos.
  • Os seus sistemas visual e electroceptor son son capaces de detectar os movementos das súas presas bioluminiscentes.
  • Os machos maduran sexualmente cando alcanzan os 24–42 cm de lonxitude, e as femias, cando miden 39–45 cm. A especie é ovípara, e as femias teñen 13 ovos no oviduto ao mesmo tempo.[3][6]

Status de conservación

[editar | editar a fonte]
Cabeza de zapata. Obsérvese o seu gran ollo elíptico e o interior da boca negro.

Debido á súa abundancia, a zapata forma unha parte importante das capturas accidentais da pesca comercial de augas profundas en gran parte da súa área de dispersión. Porén, a causa do seu baixo valor económico xeralmente se descarta, aínda que en moitas zonas consómese fresca ou salgada, e tamén se emprega para a obtención de coiro. Para a súa venda nas peixarías adoita presentarse eviscerada (ás veces, tamén decapitada) e sen pel, que é dura e difícil de eliminar. As artes utilizadas para a súa captura son o arrastre e o palangre.[6]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) incluíu esta especie no grupo LC (pouco preocupante), xa que non hai ningunha indicación de que o seu número diminuíra a pesar da presión da pesca.[7]

Gastronomía

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Melgacho#Gastronomía.

Segundo José Carlos Capel, tanto o a zapata como os seus parentes o melgacho (Scyliorhinus canicula) e a roxa (S. stellaris) son especies comestíbeis que requiren cociñarse nun perfecto estado de frescor porque, do contrario, denotan un sabor desagradábel. Os lombos, unha vez limpos, poden presentarse en distintas preparacións, harmonizando ben coas salsas de tomate e verde, ou en guisos amarelos, e resultan excelentes en fritura coa fórmula do adobo andaluz, a dicir deste gastrónomo.[8]

En Galicia é frecuente comela guisada, con patacas, pementos e tomates (o "guiso amarelo", que diría Capel) e, menos, como un ingrediente máis das caldeiradas mixtas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zapata.
  2. FishBase. Galeus melastomus (en inglés) Consultada o 25/11/2012.
  3. 1 2 Rodríguez Villanueva (1992), p. 54.
  4. Duran, Miquel (2007): Noms i descripcions dels peixos de la Mar Catalana. Tom I, Àgnats, Condrictis, Osteïctis (1a. part). Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 978-84-273-6508-7. p. 109.
  5. Solórzano et al. (1988), p. 14.
  6. 1 2 FishBase, Op. cit.
  7. Serena, F., C. Mancusi, N. Ungaro, N.R. Hareide, J. Guallart, R. Coelho e P. Crozier (2003): Galeus melastomos, na Lista Vermella da IUCN. Versión 2010.4. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.
  8. Capel, José Carlos (1982): Manual del pescado, Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-70-0, p. 295.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]